Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

ESPAZO INICIATIVAS XUVENÍS

eix

O Espazo de Iniciativas Xuvenís da Concellaría de Participación e Innovación Democrática está diseñado para que a xuventude teña espazos axeitados en que desenvolver propostas, proxectos ou iniciativas desde e para as mozas e mozos cos recursos necesarios.

O equipamento conta dúas salas de usos múltiples a modo de espazos comúns, abertos, dinámicos e polivalentes dotados con WI-FI e dous puntos de consulta en internet así como dun taboleiro de información xuvenil. Ademais, conta con mobiliario móbil e multiusos o que reforza a idea de espazo polivalente proporcionando cabida a unha tipoloxía variada de propostas.

OBXECTIVOS DO ESPAZO DE INICIATIVAS XUVENÍS

O obxectivo principal do EIX e proporcionar un espazo no que desenvolver propostas, proxectos ou iniciativas de carácter xuvenil. Deste obxectivo xeral e das características do equipamento podemos extraer os obxectivos específicos que seguen:

  • Promover e impulsar o encontro, a relación e o intercambio entre o sector asociativo xuvenil
  •  Apoiar na xestión e no desenvolvemento de propostas ou proxectos das entidades xuvenís, colectivos informais de xente moza ou da mocidade en xeral
  •  Propiciar e potenciar a participación xuvenil por medio das ferramentas da educación para a participación
  •  Informar e asesorar sobre os recursos existentes para a mocidade

A QUEN ESTÁ DIRIXIDO ESTE ESPAZO

Este servizo gratuíto vai prioritariamente dirixido, en condicións de igualdade, a xente moza de entre 12 a 30 anos a título individual, colectivos non formais, asociacións xuvenís ou asociacións e entidades que presten servizos ou actividades dirixidas á mocidade, e que cumpran os criterios establecidos na instrucción para a cesión do espazo.

Enténdese por grupo ou colectivo informal un número indefinido de persoas con intereses, obxectivos ou fins comúns que se reúnen para  levar a cabo unha práctica cultural, deportiva, artística ou similar, poñer en común ideas, realizar proxectos, etc. A diferenza cunha asociación é que non están formalmente constituídos o que supón unhas características específicas a efectos legais.

UBICACIÓN

O EIX está situado na rúa Matadero, nº 68. CP 15002 A Coruña

INFORMACIÓN DE CONTACTO

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Departamento de Xuventude

xuventude@coruna.es

Tel. 981.184.200 Ext. 12046 / 12024

SOLICITUDES PARA A CESIÓN DO EIX

A solicitude de cesión do EIX, poderá ser presentada por todas aquelas persoas que a título individual ou en representación dun colectivo ou asociación xuvenil, precisen dun espazo para desenvolver as súas propostas ou iniciativas, formalizando a súa petición por escrito cun mínimo de quince días de antelación. Deberá ser empregado para tal fin o formulario de solicitude que se atopa nesta páxina web.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión