CRONOLOXÍA
Inicio das obras: ano 1990
Praia do Orzán - Escravas
- Inaugurado o día 14 de xullo de 1992. A empresa que realizou as obras foi Ginés e Navarro (actualmente ACS).
San Roque de Fóra, zona Escravas
- Inauguración o día 8 de maio de 1995. A empresa adxudicataria das obras foi Cubertas e Necso (anteriormente Cubertas e Mzov).
Maestranza - Fonte dos Surfeiros
- Inauguración o día 26 de febreiro de 1996. A empresa que realizou as obras foi a UTE de Arias Irmáns, Sacyr e Segundo Rodríguez.
- Existe unha parcela de 3000 metros cadrados, coñecida anteriormente como Predio dos Mariño, habilitada como miradoiro na zona do Matadoiro. Inauguración: 3 de xullo de 2009
Escravas - Millenium
- O día 10 de xuño de 1999 inaugúrase un tramo de 500 m. construído polas empresas Necso e Entrecanais e Cubertas.
- O día 13 de agosto de 1999 inaugúrase un novo tramo de 300 m.
Millenium - Rosales
- Inauguración o día 11 de outubro de 1999 dun tramo de 160 m.
Os Rosales - Portiño
- Inaugúrase un tramo de 2.3 km. construído pola empresa ACS.
LONXITUDE
Na actualidade, o paseo Marítimo mide aproximadamente 12 km.
CARRIL BICI
O carril bici dispón dos seguintes tramos:
- Dársena da Mariña - Aquarium
- Aquarium - Praia do Matadoiro
- Praia do Matadoiro - Rúa Sol
- Rúa Sol - As Escravas
- As Escravas - Discoteca Moom 57 (Green)
- Discoteca Moom 57 (Green) - Millennium
- Millennium - Portiño
ÁREA AUTOCARAVANAS
- No tramo final do paseo Marítimo, nun dos aparcadoiros do acceso ao porto do Portiño hai unha área para o estacionamento de autocaravanas. Ten unha capacidade de 12 prazas, con conexións aos servizos de luz, auga potable e rede de sumidoiros.
- Inaugúrase o día 25 de xullo de 2006.
DATOS DE INTERESE
- No último tramo construído do paseo Marítimo (Portiño), descubríronse os restos dunha praia fósil con milleiros de anos de antigüidade. Estes restos atópase acristalados e teñen un panel informativo.
- Na coiraza que divide as praias de Riazor e Orzán están instaladas as bandeiras da Comunidade Autónoma de Galicia e a Española.