Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de febreiro de 2024

O Martes de Entroido a entrada será gratuíta nos Museos Científicos Coruñeses

Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.

O próximo 13 de febreiro, Martes de Entroido, festivo local, a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta.

Para visitar o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro ás 10.00 horas nesta ligazón. Para facilitarlle o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.

A entrada para visitar as salas de exposicións da Casa das Ciencias será libre, pero para asistir a algunha das catro sesións de Planetario programadas para esta xornada haberá que retirar invitacións, que poderá facerse desde o sábado 10 nesta ligazón.

A visita á Domus será libre, sen reserva previa, e sempre que a capacidade non estea completa.

O horario de apertura será de 11.00 a 19.00 horas, co último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae, e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión