29 de decembro de 2019
Desde o xoves 2 de xaneiro, todas as sesións do planetario explicaranlle ao público como orientarse para vela
O planetario da Casa das Ciencias ensina en todas as súas sesións, desde o xoves 2 de xaneiro, onde está a recentemente nomeada estrela Rosalía e o exoplaneta que a acompaña, que recibiu o nome de río Sar.
O público que se achegue ao planetario do decano dos Museos Científicos Coruñeses descubrirá, ao final de cada pase, que debe facer para ver a estrela dedicada á poeta galega e como é o planeta que a orbita. Todo acompañado por poemas de Cantares gallegos e Follas novas, lidos polas escritoras Eva Veiga, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa e Dores Tembrás, que se escoitarán baixo a noite estrelada.
Con esta iniciativa, os Museos Científicos Coruñeses queren comezar o 2020 poñendo en valor este logro astronómico promovido pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, no ano en que ademais organizan, por primeira vez na Coruña, o Congreso Estatal de Astronomía.
>> Consulta o horario do planetario nesta ligazón.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible