Concello da Coruña

Concello da Coruña

Puro swing

Unha colección de 15 módulos interactivos que permiten xogar e experimentar con diferentes máquinas e dispositivos, para internarse en numerosos aspectos relacionados co movemento dos péndulos.

Na exposición Puro swing, as persoas visitantes pódense subir a unha randeeira moi especial, comprender o segredo do botafumeiro, ver como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubrir como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.

Ademais, mostra os péndulos como instrumento clave na historia da ciencia. Déronnos a primeira medida precisa do tempo: cos péndulos, os reloxos pasaron dunha precisión de máis ou menos 30 minutos a tan só uns segundos. Este salto produciu grandes logros científicos:

  • Abriu a porta á física moderna, cuxos experimentos serían imposibles sen cronómetros fiables.
  • Permitiulles aos navegantes coñecer a súa posición na inmensidade do océano.
  • E tamén foi un péndulo, como o da Casa das Ciencias, o que lle permitiu a León Foucault demostrar que a Terra xira sobre o seu propio eixo.

Un parque de xogos

Poida que esta exposición lembre un parque infantil... e é que está deseñada con esa intención! A Casa das Ciencias sempre foi un lugar no que as persoas visitantes de todas as idades poden explorar libremente fenómenos e mecanismos de todo tipo.

É o que fan os nenos e as nenas para descubrir como funciona o mundo ao seu redor. Nas randeeiras, tobogáns e carruseis facemos as nosas primeiras exploracións de fenómenos como a gravidade, o rozamento ou o movemento circular. Puro swing recrea eses experimentos informais e intuitivos. Coa vantaxe de que aquí hai explicacións, por se as necesitas, e tamén as persoas adultas están convidads a compartir o xogo.

A exposición está producida polos Museos Científicos Coruñeses, cofinanciada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, coa colaboración de Principia, Centro de Ciencia de Málaga, e o Museo da Ciencia de Valladolid.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión