A sala Plataforma14 acolle a exposición "Orballo do bosque cerúleo".
Para público en xeral
Dende o 25/01/2017 ata o 28/02/2017
Xa rematou
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde.
CMIX, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña
Fórum Metropolitano
r/ Río Monelos, 1
15006 - A Coruña
Tfno: 981 184 294
cmix@coruna.es
A artista Sandra Villar Varela presentará por primeira vez o seu traballo nunha exposición que constará de oito esculturas cerámicas, unha mostra de xoias, e dez ilustracións de carácter animalista.
Nesta mostra, na que a escultura ten un lugar predominante, mestúranse os animais e o entorno do océano e o monte; un bosque oceánico que sofre a desolación causada polo home.
O traballo de Sandra Villar, técnica superior en artes aplicadas á escultura e estudante de cerámica na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, está profundamente ligado á natureza, e de forma especial ao fondo mariño.
A exposición poderase visitar do 25 e xaneiro ao 28 de febreiro na sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano da Coruña.
A sala Plataforma14, pertencente a Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade. Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.es/cmix/plataforma14.
Dende o 03/05/2024 ata o 17/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible