A Casa-Museo Manuel María publica as bases da terceira edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais. O certame ten por obxecto premiar a mellor canción lírica, para voz e piano, escrita sobre un poema de Manuel María.
Para público en xeral
Ata o 15/06/2024
1000 € para a composición gañadora.
Publicación das partituras das persoas finalistas e a súa distribución gratuíta para todos os Conservatorios de Música de Galiza.
Casa Museo Manuel María
Rúa F, nº 2
27250 - Outeiro de Rei (Lugo)
Tel: 698 177 621
O concurso desenvolverase en dúas fases de maneira que na primeira o xurado seleccionará un máximo de cinco cancións finalistas que pasarán a unha segunda fase.
Na fase final determinarase a canción gañadora entre as designadas como finalistas na primeira fase.
Para iso levarase a cabo, no mes de outubro, un acto con concerto público que terá lugar no auditorio da Casa-Museo Manuel María ao cal están obrigadas a asistiren as persoas seleccionadas na primeira fase, salvo razón de forza maior libremente estimada polo xurado.
Dende o 04/05/2024 ata o 25/05/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible