Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

II Residencia FICBUEU

Organizada pola Asociación FICBUEU, a Residencia FICBUEU é un programa formativo para creadoras e creadores audiovisuais no que diferentes profesionais acompañarán e titorizarán proxectos de curtametraxe. O proxecto desenvolverase en outubro na Illa de Ons e estará enfocado a fortalecer propostas dende o guión.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/10/2024 ata o 23/10/2024

Inscricións:

Ata o 15/05/2024

Requisitos:

  • Persoas maiores de 18 anos que residan en territorio nacional e que teñan un proxecto de curtametraxe cunha primeira versión de guión escrita e que teñan un dominio fluído do español.
  • Poderanse presentar obras de calquera xénero, cunha duración total máxima de 30 minutos.
  • Cada participante poderá presentar tantas obras como desexe.
  • As persoas participantes deberán posuír comprensión oral e escrita da lingua castelá. Os proxectos cuxa lingua orixinal non sexa o castelán deberán achegar unha copia nesa lingua.

Remuneración / Custo:

  • O programa cubre os gastos de estancia e manutención durante os 7 días e os desprazamentos en barco desde Bueu ata a Illa de Ons.
  • Programa de asesoramento e formacións específicas impartidas por profesionais.
  • Un dos catro proxectos participantes será seleccionado para levar a cabo a súa produción.

Páxina web:

www.ficbueu.com/residencia

Contacto:

Asociación FICBUEU

R/ Montero Ríos, 191, baixo (36930 - Bueu, Pontevedra)

Tel.: 653 46 77 30

correo-e: mariarfalco@ficbueu.com

A Residencia FICBUEU ten como principal obxectivo xerar un espazo de traballo dedicado ao tratamento integral de proxectos de curtametraxe na súa etapa de desenvolvemento, tendo como principal finalidade o fortalecemento do seu carácter autoral.

SOLICITUDES: a inscripción e documentación requerida deberá enviarse ao correo-e mariarfalco@ficbueu.com

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión