Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Acceso e admisión ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais, curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2024-2025.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até 21 de maio.

2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até 25 de xuño.

Prezo:

64€

Requisitos:

  • a) Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación da correspondente proba específica de acceso.
    • As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha materia do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.
  • b) As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de 18 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán realizar a proba substitutiva de titulación.
  • c) Terán acceso directo, sen necesidade de realizar a proba específica de acceso, as persoas en posesión dun título de técnico ou técnica superior de Artes Plásticas e Deseño.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Rúa Xeneral Martitegui, s/n. 36002- Pontevedra

Tel.: 886 159 735

e-correo: escola.conservacion.galicia@edu.xunta.gal      

https://escolaconservacion.gal

 PUBLICACIÓN: DOG 25/04/2024

INSCRICIÓN: até o 21 de maio de 2024. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato, poderán presentar solicitude até o 25 de xuño incluído.

Con carácter xeral,  as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema Chave365. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais. As persoas que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na secretaría da escola.

a) Persoas aspirantes que realicen as probas substitutivas de bacharelato:

b) Persoas aspirantes que non realicen as probas substitutivas de bacharelato:

  • 23 de maio: publicación listaxe provisional inscritas.
  • 24 e 27 de maio: reclamación á listaxe provisional.
  • 28 de maio: publicación listaxe definitiva.
  • 27 de xuño: publicación listaxe provisional inscritas.
  • 28 de xuño e 1 de xullo: reclamación á listaxe provisional.
  • 3 de xullo: publicación listaxe definitiva.

PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN

A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO. As materias da proba son:

  • Lingua galega e literatura. 1º exercicio será tipo test e o 2º produción dun texto escrito.
  • Lingua castelá e literatura. 1º exercicio será tipo test e o 2º produción dun texto escrito.
  • Lingua estranxeira (inglés ou francés). 1º exercicio será tipo test e o 2º produción dun texto escrito.
  • Filosofía. 1º exercicio será tipo test e o 2º comentario a partir dun texto proposto.
  • Historia de España. 1º exercicio será tipo test e o 2º comentario a partir dun texto proposto.

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio  de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

  • 9.30h: presentación.
  • Das 10.00-11.00h: Filosofía.
  • Das 11.00-12.00h: Historia de España.
  • Das 12.15-13.15h: Lingua Galega e Literatura.
  • Das 13.15-14.15h: Lingua Castelá e Literatura.
  • Das 16.00-17.00h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
  • 4 de xuño: publicación cualificacións provisorias.
  • 5 e 6 de xuño: prazo de reclamacións, Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • 10 de xuño: publicación cualificacións definitivas, nos centros e en www.edu.xunta.gal

PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO

Terá como finalidade valorar a madureza,  os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. A proba específica de acceso constará de 2 exercicios.

- Exercicio 1. Análise dun texto relacionado cos bens culturais, nun máximo de 90 min., que terá como obxecto apreciar a madureza e formación xeral, especialmente no referente á comprensión de conceptos, utilización da linguaxe e capacidade de síntese e relación.  

A cualificación deste 1º exercicio será entre 0 e 40 puntos.

- Exercicio 2. Aptitude plástica. Constará das seguintes partes:

  1. Realización dun debuxo do natural, de enfoque mimético, con modelo real, exento e inanimado. Valorarase a fidelidade na representación, a calidade do grafismo e a precisión e acabamento do traballo.
  2. Realización dun traballo sobre representación de cor. Considerarase a correcta utilización das técnicas empregadas e o grao de comprensión dos valores e calidades de cor.
  3. Realización dun traballo práctico para a valoración das aptitudes específicas que requiren os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Considerarase a habilidade manual, a meticulosidade e a pulcritude na realización do traballo.

A cualificación deste 2º exercicio, será a media aritmética da puntuación obtida e cada parte, que se cualificará entre 0 e 20.

A cualificación global da proba resultará da media ponderada das cualificacións obtidas nos distintos exercicios. O 1º ponderarase nun 40% e o 2º nun 60%. Para a superación da proba esixirase unha cualificación global igual ou superior a 5.

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 5 de xullo de 2024 na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

  • 8 de xullo: publicación cualificacións provisionais.
  • 9 e 10 de xullo: reclamacións.
  • 15 de xullo: publicación cualificacións definitivas.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión