Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

32 resultados

  • Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

    Cando:

    Dende o 01/05/2024 ata o 31/05/2024

    O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de maio de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

  • Cursos para persoas desempregadas Adams - Maio 2024

    Adams impartirá ao longo do mes de maio cursos de diversos ámbitos formativos , destinados a persoas desempregadas.

  • Itinerarios para o emprego - Fundación Mujeres

    Nestas formacións presenciais no Concello de A Coruña, abordarán aspectos como: a optimización da busca de emprego en internet, as redes e portais de emprego, o currículo vitae e recursos de formación online gratuítos, entre outros.

  • Ciclo Biblioteca Verde: Naturaliza o teu barrio

    Cando:

    Os días 02/05/2024, 16/05/2024, 11/06/2024

    As Bibliotecas Municipais organizan un novo ciclo de actividades enmarcadas dentro do programa de encontros participativos Biblioteca Verde. Baixo o título "Naturaliza o teu barrio", exploraranse diversos aspectos vinculados ao coñecemento e aproveitamento da contorna natural na Coruña.

  • Bautismo de escalada

    Cando:

    04/05/2024

    A AMI (Agrupación de Montañeiros Independentes) organiza, no rocódromo de Riazor, un bautismo de escalada.

  • Cursos Aula CeMIT - Maio

    Cando:

    Dende o 02/05/2024 ata o 30/05/2024

    A aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar no mes de maio na aula CeMIT Eirís.

  • Microsoft Power Point e Software para Presentacións. Nivel básico

    Cando:

    Dende o 06/05/2024 ata o 16/06/2024

    A UNED Coruña organiza un curso de nocións básicas do funcionamento do software para presentacións, especialmente Microsoft PowerPoint. A asistencia pode ser en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.

  • A Escola da Bici, cursos maio

    Cando:

    Dende o 04/05/2024 ata o 26/05/2024

    A Escola da Bici de Mobi-liza organiza cursos para persoas adultas e para a infancia con varios niveis de aprendizaxe.

  • Cursos de verán no Centro de Linguas da UDC

    Cando:

    Dende o 20/05/2024 ata o 15/07/2024

    Inscricións:

    Ata o 05/05/2024

    Xa está aberto o prazo de inscrición dos cursos de verán no Centro de Linguas da UDC, campus da Coruña e formación en liña. Teñen programados módulos de francés, inglés e italiano.

  • Agenda de actividades de MUNCYT A Coruña

    Cando:

    Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024

    O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de abril de 2024, elaborada arredor da colección do museo e en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

resultados 32

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión