Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Concello de Parada de Sil e a Asociación Cultural "Ouro do Sil"convocan o XVII Concurso fotográfico "Rosa Pons Fábregas" co fin de fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Concello de Parada de Sil e tamén, co tema "Libre", espallar a arte da fotografía.
Inscricións:
Ata o 15/06/2024
Requisitos:
A participación no certame é libre.
Establécense dúas modalidades:
- Modalidade "Visións de Parada de Sil": abarca todos os bens artísticos, culturais, etnográficos, naturais, etc., limitados ao territorio do Concello de Parada do Sil
- Modalidade "Libre": calquera tipo de imaxe, sen limitación temática ou xeográfica.
Cada autor/a poderá presentar ata un máximo de 4 fotografías de cada modalidade.
As fotografías deberán ser obtidas mediante calquera técnica, en branco e negro ou cor, con cámaras dixitais, autorizándose o retoque manual ou de programas informáticos. Non poderán conter marcas de auga nin ningún tipo de firma.
As obras non poderán ter sido premiadas en ningún concurso
Presentaranse en formato JPG/JPEG cunha resolución de 300 ppp e sen compresión. O tamaño mínimo deberá ser de 30x20 cm. e máximo de 40x30 cm.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible