Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Actividades Muncyt 2023-2024 | Oferta para grupos e centros educativos
O MUNCYT Coruña, ofrece a través deste programa propostas divulgativas elaboradas ao redor da colección do museo e, tamén, en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas: visitas guiadas e xogos de pistas sobre a colección adaptados aos distintos niveis educativos, combinados coa participación en talleres orientados á reflexión, experimentación e comprensión de fenómenos científicos que gardan relación coa colección do museo.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 01/09/2023 ata o 30/06/2024
Duración:
60-90 minutos por actividade.
Prezo:
de balde.
Requisitos:
As actividades son gratuítas previa reserva. Recoméndase facer a reserva cun mínimo de 15 días de anticipación.
Os grupos son guiados polo equipo de divulgadoras/es e as actividades adáptanse ás distintas franxas de idade, necesidades específicas e idioma elixido durante a reserva (galego, castelán ou inglés).
A duración media das actividades é de 60-90 minutos.
Os grupos deberán ir acompañados de educadoras/es.
Número máximo de persoas participantes por actividade segundo horario, opción elixida e persoas responsables de cada grupo. Contacta co MUNCYT e aconsellaran sobre a mellor opción para cada grupo.
As etapas educativas asociadas a cada actividade son indicativas da franxa de idade das persoas participantes.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible