Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de grao Jesús Serra 2024

A Fundación Occident (anteriormente Fundación Jesús Serra) lanza a súa convocatoria de Bolsas Jesús Serra 2024 para estudantes de grao de primeira xeración e mozas STEM, destinadas a estudantes que sexan os primeiros da súa familia en ir á universidade ou as primeiras en cursar estudos STEM.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 10/06/2024

ata as 14:00 h.

Requisitos:

  • Poden optar á bolsa os estudantes que empecen formación de grao por primeira vez no curso 2024-2025 en universidades públicas ou privadas do territorio español. Os estudos deben ser presenciais e a tempo completo: o estudante deberá matricularse a todos os créditos do primeiro curso do grao universitario da súa elección.
  • Finalizar o último curso de Bacharelato ou dun Ciclo Formativo de Grao Superior no curso inmediatamente anterior á concesión desta bolsa.
  • Ter unha nota media igual ou superior a 7 en Bacharelato ou CFGS.
  • Posuír a nacionalidade española ou o permiso de residencia en España.
  • Matricularse ao primeiro curso de grao universitario nunha universidade española e non cursar anteriormente outros estudos universitarios.
  • Ter un limiar de renda limitado (consultar nas bases)
  • Se cumpren os requisitos, pedir a bolsa do Ministerio de Educación e Formación Profesional do Goberno español ou a bolsa Gobierno Vasco, acreditando dita solicitude.
  • Requisito específico para cada vía:
    • Para estudantes de primeira xeración: certificar a titulación de máis grao de cada un dos pais e/ou nais do estudante, que non pode ser un grao universitario ou titulación equivalente. Son elegibles os estudantes cuxos pais/nais iniciaron estudos universitarios se non chegaron a completalos.
    • Para estudantes de primeira xeración en STEM: certificar a titulación de máis grao de cada un dos pais e/ou nais do estudante, que non pode ser un grao universitario ou titulación equivalente en STEM.
  • Só acéptase unha solicitude por persoa. No caso de que unha estudante poida aplicar a ambas as vías, deberá escoller unha no momento da solicitude.

Remuneración / Custo:

  • Pago do prezo público da matrícula fixado por cada comunidade autónoma en cada curso académico, na universidade na que fose admitido o bolseiro (pública ou privada, a pesar de que as Bolsas cobren soamente o prezo público da matrícula), sempre que este custo non estea xa cuberto por outra bolsa ou subvención, como a do Ministerio de Educación e Formación Profesional
  • Axudas para material académico e/ou formación complementaria, cun máximo de 750 € en material, que pode distribuírse ao longo de todos os estudos, e 750 € anuais en formación complementaria por alumno.
  • Contías fixas ligadas á renda e a residencia de ata 2.000 €, sempre que non perciban unha dotación co mesmo fin na bolsa do Ministerio de Educación e Formación Profesional ou a Bolsa do Departamento de Educación do Goberno vasco
  • Programa de mentoría ao longo de todos os estudos de grao

Páxina web:

www.fundacionoccident.org/becas-jesus-serra

Contacto:

Fundación Occident

correo-e: becas@fundacionoccident.com

Publicación: BOE 29/04/2024

Convócanse 12 bolsas distribuídas da seguinte maneira:

  • Primeira xeración de estudantes universitarios: 6 bolsas para alumnos e alumnas que queren ser os primeiros da súa familia en cursar estudos universitarios.
  • Primeira xeración de mulleres en STEM: 6 bolsas para alumnas que queren ser as primeiras da súa familia en titularse en graos STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería ou matemáticas)

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión