Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Música, curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2024-2025.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 21/05/2024

Prezo:

64€

Requisitos:

  • a) Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación das correspondentes probas específicas de acceso.
  • As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha materia do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.
  • b) As persoas que queiran optar á proba específica de acceso e que, sendo maiores de 16 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán realizar a proba substitutiva de titulación.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Conservatorio Superior de Música da Coruña

R/ Manuel Murguía, 44. 15011 - A Coruña

Tel.: 981 141 295    

E-correo: cmus.coruna@edu.xunta.gal

www.csmcoruna.com

Publicación: DOG 25/04/2024

INSCRICIÓN: do 26 de abril ao 21 de maio de 2024, ambos os dous incluídos.

Con carácter xeral,  as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas/, con certificado dixital ou Chave365 (sede.xunta.gal/chave365). As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición nas secretarías dos conservatorios.

Na solicitude deberanse indicar a especialidade e itinerario a que se desexa acceder, así como a preferencia de centro en que se desexa cursar naquelas especialidades que se ofertan nos dous conservatorios.

Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría do conservatorio sinalado na súa inscrición como primeira opción para cursar estudos.

  • 23 de maio: publicación relación provisional de persoas admitidas e excluídas
  • 24 e 27 de maio: prazo de reclamacións.
  • 28 de maio: publicación definitiva de persoas admitidas e excluídas.

PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN

A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO. As materias da proba son:

  • Lingua galega e literatura. 1º exercicio será tipo test e o 2º produción dun texto escrito.
  • Lingua castelá e literatura. 1º exercicio será tipo test e o 2º produción dun texto escrito.
  • Lingua estranxeira (inglés ou francés). 1º exercicio será tipo test e o 2º produción dun texto escrito.
  • Filosofía. 1º exercicio será tipo test e o 2º comentario a partir dun texto proposto.
  • Historia de España. 1º exercicio será tipo test e o 2º comentario a partir dun texto proposto.

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio  de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compotela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

  • 9.30h: presentación.
  • Das 10.00-11.00h: Filosofía.
  • Das 11.00-12.00h: Historia de España.
  • Das 12.15-13.15h: Lingua Galega e Literatura.
  • Das 13.15-14.15h: Lingua Castelá e Literatura.
  • Das 16.00-17.00h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
  • 4 de xuño: publicación cualificacións provisorias.
  • 5 e 6 de xuño: prazo de reclamacións.
  • 10 de xuño: publicación cualificacións definitivas.

PROBAS ESPECÍFICAS DE ACCESO:

  • ESPECIALIDADE COMPOSICIÓN. A proba consistirá:
    • Realización dun traballo harmónico-contrapuntístico.
    • Presentación e defensa oral de obras e traballos realizados pola/o candidata/o.
    • Interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata 15 minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente pola/o candidata/o.
  • ESPECIALIDADE DIRECCIÓN. A proba consistirá:
    • Interpretación dun programa de ata 20 minutos, no instrumento principal ou voz (no caso do canto) integrado por obras dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.
    • Análise dunha obra orquestral ou coral por proposta do tribunal.
    • Lectura á vista no piano dun fragmento musical escollido polo aspirante de entre dous propostos  polo tribunal.
    • Realización dun ditado a catro voces, de entre oito e doce compases de duración.
  • ESPECIALIDADE INTERPRETACIÓN (agás itinerario de jazz). A proba consistirá:
    • Interpretación dun programa de ata 30 minutos, integrado por obras e/ou estudos dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.
    • Análise dunha obra o fragmento musical por proposta do tribunal.
    • Lectura á vista.
  • ESPECIALIDADE INTERPRETACIÓN, ITINERARIO DE JAZZ. A proba consistirá:
    • Na interpretación dun programa, será requisito indispensable que o/a aspirante improvise en cada un dos temas. O repertorio para interpretar na parte A da proba de acceso constará de cinco temas enmarcados dentro do repertorio estándar de jazz, amosando entre eles variedade formal, estilística e na elección dos tempi de execución.
    • Análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal, engadindo contidos propios da análise de jazz.
    • Lectura e improvisación á vista dunha obra ou fragmento de jazz.
  • ESPECIALIDADE MUSICOLOXÍA. A proba consistirá:
    • Análise histórico-estilística, e defensa dunha obra ou fragmento por proposta do tribunal.
    • Realización dun comentario de texto ou traballo escrito por proposta do tribunal.
    • Interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata 15 minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente pola/o candidata/o.
  • ESPECIALIDADE PEDAGOXÍA, ITINERARIO XERAL E DA LINGUAXE MUSICAL. A proba consistirá:
    • Interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata 15 minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente pola/o candidata/o. A elección do instrumento principal estará supeditada á oferta dos itinerarios de cada centro.
    • Proba vocal individual.
    • Composición dunha peza breve, de carácter didáctico, sobre unha melodía ou un texto proposto polo tribunal. A/o aspirante deberá realizar unha defensa didáctica da súa aplicación.
  • ESPECIALIDADE DE PRODUCIÓN E XESTIÓN. A proba consistirá:
    • Desenvolvemento por escrito dunha proposta de proxecto, a partir dun suposto proposto polo tribunal.
    • Desenvolvemento e posterior defensa oral dun tema vinculado a unha cuestión relacionada coa xestión de políticas culturais do ámbito musical. Poderase escoller un tema de entre dous propostos polo tribunal.
    • Análise formal e estética dunha obra proposta polo tribunal.
    • Interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata 15 minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

DATAS E LUGARES DE REALIZACIÓN:

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

As probas específicas de acceso a cada especialidade e itinerario comezarán a partir do día 10 de xuño.

  • Especialidade de Composición.
  • Especialidade de Dirección.
  • Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Acordeón, Arpa, Corda frotada, Jazz, Piano e Vento metal.
  • Especialidade de Pedagoxía, no itinerario de Pedagoxía xeral e da linguaxe musical.
  • Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Canto, Guitarra, Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia, Música antiga, Percusión e Vento madeira.
  • Especialidade de Musicoloxía, nos seguintes itinerarios: Etnomusicoloxía e Musicoloxía histórica.
  • 17 de xuño: publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica (e da listaxe provisional de adxudicacións).
  • 18 e 19 de xuño: reclamación contra a listaxe de cualificacións da proba específica.
  • 25 de xuño: publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica

A superación da proba específica de acceso ás ensinanzas superiores de Música faculta, unicamente, para matricularse no ano académico e na especialidade para a que a proba específica fose convocada e realizada, en calquera dos centros do Estado en que se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas.

* ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

  • As vacantes existentes nas distintas especialidades e itinerarios adxudicaranse segundo a prelación resultante das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba específica de acceso.
  • A proba de acceso específica suporá o 60 % do total da cualificación da proba de acceso aos estudos superiores de Música. O restante 40 % da cualificación final corresponderá á nota media do expediente académico do título de técnico das ensinanzas profesionais de música do/da aspirante. No caso de alumnado que realice as probas de acceso sen estar en posesión deste título, a puntuación que se deberá agregar por este concepto será o 0.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión