Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Acceso e admisión ás Ensinanzas Superiores de Deseño, curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2024/25.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.

2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.

Prezo:

64€

Requisitos:

ACCESO DIRECTO:

Poderán acceder directamente a estes estudos as persoas que estan en posesión dalgún dos títulos de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño. Deberán formalizar igualmente a súa inscrición. No caso de que de estar pendente da avaliación do proxecto final ou da avaliación final de ciclo, poderá igualmente formalizar a súa inscrición, e deberá presentar a certificación de ter solicitado o título para formalizar a matrícula. A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade é do 20%.

ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA

Para o acceso aos estudos superiores de Deseño requirirase estar en posesión do título de bacharel, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, e superar a correspondente proba específica, na cal se valorará a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos. A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade é do 80%.

As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse na proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación de prazas unha vez estean en posesión da títulación.

ACCESO MEDIANTE PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN + PROBA ESPECÍFICA:

Poderán acceder á proba substitutiva de titulación as persoas que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente e cumpran os 18 anos no 2024. As persoas que superen esta 1ª proba deberán superar tamén a proba específica.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

MÁIS INFORMACIÓN:

Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia

Na Coruña:    EASD Pablo Picasso          

R/ Os Pelamios, 2. 15001- A Coruña            

Tel.: 981 225 396             escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es   

www.eapicasso.com

Publicación: DOG 25/04/2024

OFERTA ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO EN GALICIA

A CORUÑA

EASD PABLO PICASSO

R/ Os Pelamios, s/n.

15001- A CORUÑA

Tel. 981 225 396

www.eapicasso.com

EASD MESTRE MATEO

R/ Virxe da Cerca, 32.

15706- SANTIAGO

Tel. 981 587 757

www.easd.es

LUGO

EASD RAMÓN FALCÓN

R/ Paseo dos estudantes, s/n.

27002- LUGO

Tel. 982 220 790

www.escoladeartelugo.com  

OURESNE

EASD ANTONIO FAILDE

Avda. da Universidade, 18.

32005- OURENSE

Tel. 988 238 365

www.escolarte.com

INSCRICIÓN NAS PROBAS

  • Do 26 de abril ao 21 de maio de 2024, ambos incluídos.
  • As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato, poderán presentar solicitude até o 25 de xuño incluído.

Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (sede.xunta.gal/chave365). As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición nas secretarías das escolas.

Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude, xunto coa documentación requirida, nas secretarías dos centros sinalados na súa solicitude de inscrición como primeira opción para cursar os estudos.

Na solicitude deberanse indicar, por orde de preferencia, as especialidades que se desexan cursar así como a escola en que as desexan cursar. Poderanse solicitar un máximo de catro opcións. Igualmente deberán indicar na solicitude a escola de arte e superior de deseño de Galicia en que desexan realizar as probas específicas.

a) persoas aspirantes que realicen as probas substitutivas de bacharelato:

 b) persoas aspirantes que non realicen as probas substitutivas de bacharelato:

  • Presentación de solicitude: até o 21 de maio.
  • 23 de maio: publicación listaxe provisional inscritas.
  • 24 e 27 de maio: reclamación á listaxe provisional.
  • 28 de maio: publicación listaxe definitiva.
  • Presentación solicitude: até 25 de xuño.
  • 27 de xuño: publicación listaxe provisional inscritas.
  • 28 de xuño e 1 de xullo: reclamación á listaxe provisional.
  • 3 de xullo: publicación listaxe definitiva.

PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN

A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO. As materias da proba son:

  • Lingua galega e literatura. 1º exercicio será tipo test e o 2º produción dun texto escrito.
  • Lingua castelá e literatura. 1º exercicio será tipo test e o 2º produción dun texto escrito.
  • Lingua estranxeira (inglés ou francés). 1º exercicio será tipo test e o 2º produción dun texto escrito.
  • Filosofía. 1º exercicio será tipo test e o 2º comentario a partir dun texto proposto.
  • Historia de España. 1º exercicio será tipo test e o 2º comentario a partir dun texto proposto.

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio  de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

  • 9.30h: presentación.
  • Das 10.00-11.00h: Filosofía.
  • Das 11.00-12.00h: Historia de España.
  • Das 12.15-13.15h: Lingua Galega e Literatura.
  • Das 13.15-14.15h: Lingua Castelá e Literatura.
  • Das 16.00-17.00h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
  • 4 de xuño: publicación cualificacións provisorias.
  • 5 e 6 de xuño: prazo de reclamacións, no centro onde se realizase a inscrición.
  • 10 de xuño: publicación cualificacións definitiva.

PROBA ESPECÍFICA

A proba específica constará de dúas partes:

1ª) Primeira parte:

Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, os/as aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder á/s cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.

Nesta parte da proba, o tribunal valorará:

  • A comprensión dos conceptos, a utilización da linguaxe, a capacidade de análise e síntese e o nivel expresivo e expositivo amosados.
  • A capacidade para desenvolver razoadamente ideas e argumentos.
  • O coñecemento dos valores significativos do deseño en xeral no contexto histórico, cultural e socioeconómico.
  • A identificación e valoración dos movementos artísticos e intelectuais máis representativos en relación co deseño.

2ª) Segunda parte:

Durante un máximo de 4 horas, realizarán 2 exercicios de debuxo:

  • Primeiro exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A3.
  • Segundo exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior.

Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución.

A cualificación global da proba de acceso específica ás ensinanzas superiores de Deseño expresarase en termos numéricos nunha escala de 0 a 10, con dous decimais. A cualificación final da proba específica de acceso será o resultado da media aritmética das cualificacións obtidas pola persoa aspirante en cada unha das súas partes, expresada con dous decimais. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos.

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN:

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 5 de xullo de 2024 nas 4 EASD, de acordo co seguinte horario:

  • 1ª parte: das 11.00 ás 13.00 horas.
  • 2ª parte: das 16.00 ás 20.00 horas.

* Para optar ao itinerario de Xoiaría e complementos da especialidade Produto deberá superarse unha entrevista coas empresas, estudos ou obradoiros do sector da xoiaría e os complementos. O lugar de realización, a data e a hora desta será publicada en www.edu.xunta.gal e nos taboleiros de anuncios dos centros educativos.

- 10 de xullo: publicación das cualificacións provisionais obtidas.

- 11 e 12 de xullo: reclamación, na secretaría da EASD correspondente.

- 16 de xullo: publicación cualificacións definitivas.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión