A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, ciclos formativos de grao superior, para o curso 2024/25.
Para público en xeral
Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): até 10 de xuño de 2024.
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: até 21 de xuño de 2024.
INFORMACIÓN:
- Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño
Na Coruña: Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
R/ Os Pelamios, 2. 15001- A Coruña
Tel: 981 225 396
e-correo:
Correo-e: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.gal
- No portal educativo: www.edu.xunta.gal
Publiación: DOG 22/04/2024
PRAZOS DE INSCRICIÓN
Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): do 23 de abril ao 10 de xuño de 2024.
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: do 23 de abril ao 21 de xuño de 2024.
Con carácter xeral, todas as solicitudes se cubrirán de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible na ligazón habilitada na aplicación CodexPro na páxina web de cada centro. As persoas solicitantes que non dispoñan de posibilidade telemática de presentación deberán realizar a inscrición na Secretaría da escola de arte e superior de deseño pública elixida en primeiro lugar, na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. A documentación entregarase na secretaría da escola para acreditar os datos consignados na solicitude.
DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS
As probas de acceso ás ensinanzas de grao superior realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribisen as persoas aspirantes.
* Proba de substitutiva do Bacharelato: 19 de xuño de 2024. 1ª parte de 10:00-13:00h. 2ª parte de 16:00-17.00h.
* Proba específica: 3 de xullo de 2024. 1º exercicio de 10:00-11:00h. 2º exercicio de 12:00-14:00h. 3º exercicio de 17:00-19:00h.
ACCESO DIRECTO
Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao superior quen estea en posesión de:
ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA
As persoas que posúan o título de Bacharelato, ou equivalente a efectos académicos, ou título de técnica ou técnico de FP ou título de técnica ou técnico de Artes Plásticas e Deseño, deberán superar unha proba específica.
Aquelas persoas que teñan pendentes algunha materia de bacharelato poderán presentarse á proba específica de acceso, e deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida antes da publicación da listaxe provisional de adxudicación da proba específica.
Esta proba consta de 3 exercicios:
a) Primeiro exercicio: proba escrita. Desenvolvemento por escrito, tempo máximo 1h., dun tema proposto nun texto sobre artes plásticas e coñecementos histórico-artísticos. Neste exercicio valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.
b) Segundo exercicio: realización. Realización, durante un tempo máximo de 2h., de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior. Neste exercicio valoraranse as destrezas específicas e as capacidades de observación, percepción e aptitude para os estudos concretos das distintas familias profesionais.
c) Terceiro exercicio: execución. Consistirá en levar á práctica, nun tempo máximo de 2h., un exercicio definitivo a partir dos bosquexos realizados no segundo exercicio. Valoraranse a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo, a composición e a predisposición para os estudos concretos das distintas familias profesionais.
ACCESO PARA O ALUMNADO QUE NON REÚNA OS REQUISITOS ACADÉMICOS
(proba substitutiva de titulación + proba específica)
As persoas aspirantes que non estean en posesión da titulación requirida deberán ter cumpridos no ano de realización da proba os 19 anos, superar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato e superar a correspondente proba específica.
Quedarán exentas de realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato as persoas que teñan superada a parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP, a proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, a proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores ou a proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior superada en convocatorias anteriores.
PROBA DE SUBSTITUTIVA DO BACHARELATO: constará de 2 partes:
1ª parte. O contido da proba de acceso que substitúe o título de bacharelato versará sobre as materias comúns do currículo do bacharelato: - Lingua galega e literatura. - Lingua castelá e literatura. - Lingua estranxeira (inglés ou francés). - Historia de España. - Filosofía.
Cumprirá seleccionar 3 das ditas materias e desenvolver por escrito as cuestións que se propoñan para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será de 3 horas. Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo de bacharelato, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.
2ª parte: versará sobre Historia da arte.
Dende o 04/05/2024 ata o 25/05/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible