56 resultados
Ata o 24/05/2024
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades convoca o XXXV Certame Novos Investigadores, un concurso dirixido a estudantes matriculados en centros docentes de Ensino SecundariaObligatoria, Bacharelato e Formación Profesional durante o curso 2023-2024 e que ten como obxectivo promover e incentivar a investigación en ensinos de etapas previas á universidade.
Dende o 08/05/2024 ata o 14/07/2024
A UNESCO convoca a sexta edición do concurso internacional de fotografía que leva por título “As Rutas da Seda a través dos Ollos da Mocidade”.
Ata o 31/12/2024
O Centro Europeo de Linguas convoca un concurso de deseño de logos de camisetas para celebrar o Día Europeo das Linguas 2025.
Ata o 17/07/2024
James Dyson Award 2024, o concurso anual de deseño para estudantes organizado pola Fundación James Dyson. Desde 2005, o James Dyson Award desafiou a estudantes universitarios e recentemente graduadas en deseño e enxeñería a ‘deseñar algo que resolva un problema’. Cun propósito amplo e aberto, rétase ás e os estudantes a que se enfronten a grandes problemas e acheguen as súas posibles solucións.
Ata o 15/07/2024
ata as 12.00 h.
O Museo Goya da Fundación Ibercaja convoca a 4ª edición do Concurso de Cómic "Universo Goya", destinado ao fomento do coñecemento entre os mozos da traxectoria e obra do pintor aragonés, un dos máis relevantes da cultura artística española e universal.
Ata o 14/06/2024
ata as 14.00 h
O Concello de Cambados convoca o concurso para a elección do cartel anunciador da Festa do Albariño 2024.
Dende o 19/02/2024 ata o 26/07/2024
A Fundación María José Jove convoca a IV edición do Premio de Investigación e Ensaio sobre Aplicacións Terapéuticas da arte, dirixida a fomentar o pensamento contemporáneo e a súa confluencia interdisciplinar en relación á arte e a saúde.
Dende o 11/03/2024 ata o 30/06/2024
O Concello de Viveiro publica as bases do VI Premio de Novela Vilar Ponte, unha cita xa tradicional dentro de axenda cultural da vila que naceu co dobre obxectivo de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e difundir a literatura en lingua galega.
Ata o 17/05/2024
Os Concellos de Meira e Riotorto, en colaboración coa Asociación cultural Avelino Díaz, convocan a sétima edición do certame de debuxo e poesía "Avelino Díaz".
Ata o 14/05/2024
O Concello de Cabanas convoca o V Certame de Poesía e Microrrelato, co obxectivo de fomentar o uso de prestixio da lingua galega, así como dinamizar o uso escrito do galego a través da expresión artística e a creatividade.
resultados 56
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible