6 resultados
10/06/2024
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros proxecta, no Fórum Metropolitano, o documental "Xove, Democracia Nuclear”, sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio mariñao nos anos setenta.
Dende o 02/05/2024 ata o 30/05/2024
A Filmoteca de Galicia presenta a súa programación para o mes de maio, que continúa cos ciclos "50 anos do 25 de abril" e "Cine, rexistro vivo da nosa memoria", e arranca un ciclo dedicado ao cineasta xaponés Yasujir Ozu, un especial dedicado ao profesor e guionista galego Daniel Domínguez e outro dedicado ao tándem artístico formado polo cineasta francés Jacques Rivette e a súa musa Bulle Ogier. Xunto a isto, os filmes integrados nas habituais seccións "Materiais para unha historia do cine en Galicia", "Fóra de serie", "Off Galicia" e "Filmoteca Jr".
Dende o 02/05/2024 ata o 01/06/2024
A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta no mes de maio o ciclo de cinema "Saíndo da fábrica"
Dende o 03/05/2024 ata o 01/06/2024
A sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano presenta no mes de maio un ciclo de cinema dedicado ao director francés Olivier Assayas.
Os días 17/04/2024, 08/05/2024, 05/06/2024
O Museo de Belas Artes da Coruña e a Asociación de Amigos do Museo organiza o ciclo de cine "Museos de Cine", que ten como obxectivo amosar a través das cámaras o que hai detrás destas grandes institucións culturais. Nesta primeira edición descubriremos as salas do Museo del Prado, da National Gallery e do Museo do Hermitage.
Os días 11/01/2024, 15/02/2024, 14/03/2024, 11/04/2024, 23/05/2024, 13/06/2024
O Teatro Colón presenta o ciclo de cinema "As mellores películas da historia", proxeccións en pantalla grande, V.O. con subtítulos e formato 35 mm. de seis dos considerados mellores filmes da historia pola prestixiosa publicación británica Sight & Sound. O ciclo, coordinado por Javier Trigales, permitirá revisionar un destes grandes clásicos ao mes, que serán analizalos nun coloquio posterior da man de grandes expertos e expertas.
resultados 6
Os días 30/05/2024 ás 19:00 , 13/06/2024 ás 19:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible