O Imposto sobre Actividades Económicas é un tributo directo de carácter real, de cobro periódico e obrigatorio para os entes locais.
O feito impoñible está constituído polo simple exercicio, en territorio nacional, de actividades empresariais, profesionais ou artísticas, exérzanse ou non nun local determinado e estean ou non especificadas nas tarifas do imposto.
As persoas xurídicas, as herdanzas xacentes, as comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptibles de imposición que realicen no territorio nacional actividades económicas, sempre que o importe neto de cifra de negocios superar a cantidade de 1.000.000 €.
O importe das tarifas vén determinado polo Ministerio de Facenda. A cota municipal vén determinada pola aplicación do coeficiente de incremento e do índice de situación que establece a Ordenanza fiscal núm. 54-2017 - Reguladora do imposto sobre actividades económicas.
Bonificacións
Exencións
Estarán exentos do imposto, entre outros:
Redución na cota
Por obras na vía pública poderán obter unha redución na cota do imposto quen utilice locais para o exercicio de actividades económicas clasificadas na división 6ª da sección 1º das tarifas do imposto (comercio, reparacións, restaurantes e hospedaxe) que resulten afectados por obras na vía pública de duración superior a tres meses.
Porcentaxes de redución:
Obras de máis de tres meses e ata seis meses 50%
Obras de máis de seis meses 80%
Outros trámites
Preguntas frecuentes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible