Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Escola Municipal de Música da Coruña, foi inaugurada polo Excmo. Concello da Coruña, o 22 de novembro de 1998; coa finalidade de achegar todo tipo de música aos cidadáns, tanto do municipio como dos seus arredores.

Ao longo desta traxectoria educativa, a Escola contou cunha media de 650 alumnos por curso académico, con idades desde os 4 anos en diante; todos con diferentes intereses, gustos musicais e capacidades, pero todos coas mesmas ganas de aprender música. Para iso, a Escola conta con diversas áreas:

- Música e Movemento (adaptado a nenos entre 4 e 7 anos)

- Área Xeral (a partir de 8 anos) que se divide en: Clásica, Jazz, Moderna e Tradicional

A Escola ten catro obxectivos:

1) Conseguir a máxima participación cidadá, co maior número posible de estilos musicais

2) Achegar a música a todos os sectores sociais

3) Prestar o soporte e a guía necesaria para a aprendizaxe

4) Seguir o lema de Música "para todos"

Ao longo destes anos, a Escola animou e impulsou aos seus alumnos para participar en certames e concursos convocados polas institucións, para fomentar o desenvolvemento da música. É a partir do 2001, cando se empezaron a ofrecer concertos fose do Centro, dándolle así aos alumnos, a oportunidade de mostrar ao público o aprendido nas aulas, tocando en directo. O noso alumnado, xunto co profesorado, chegou a tocar nun gran número de centros, teatros e auditorios, en toda Galicia. Mesmo, chegando aos escenarios de diversas cidades de España e Portugal.

Como exemplo de actuacións, poderiamos citar aos alumnos de Música Tradicional no "Concurso de Música Tradicional Xiradela", a Jazz Emsemble na "Mostra Musical do Eixo Atlántico ", o Coro con concertos de ámbito nacional, as Agrupacións de Moderna tocando por diversos puntos da cidade e no Festival de Intercentros, as Agrupaciociones de Música e Movemento participando en eventos nas bibliotecas municipais e as Agrupacións Tradicionais tocando en certames da cidade.

No mes de xullo do ano 2000 celebrouse o primeiro Seminario de Jazz na Cidade da Coruña, organizado pola Escola, e co obxectivo de crear un encontro entre destacados profesionais nacionais e estranxeiros, con afeccionados e músicos locais.

A Escola Municipal de Música da Coruña, é un centro de ensinos non regrados que, por tanto, dispón de autonomía para deseñar a súa organización educativa e administrativa, tendo presentes as condicións socioeconómicas e culturais da súa contorna, sempre contando co apoio e directrices, tanto do Concello da Coruña como do Consorcio para a Promoción da Música

Mellores momentos Gala XXV Aniversario

O pasado venres 19 de abril tivemos a gala con motivo da celebración do XXV Aniversario da escola.

Ao comezo da gala puidemos ver un vídeo resumen dos nosos 25 anos que podes volver ver picando aquí.

Despois do vídeo tivemos a intervención da directora, Elena Umbría, e da alcaldesa da Coruña.

Comezando coas actuacións puidemos escoitar música jazz e moderna, aos nosos alumnos máis pequenos de música e movemento, tradicional e ao noso coro lírico.

PRÓXIMOS EVENTOS

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión