Concello da Coruña

Concello da Coruña

ALUMNADO INTERNO - CURSO 2024-25:

HORARIOS DE MÚSICA E MOVEMENTO:

Dentro destas posibilidades, poderedes escoller dúas horas á semana.

Dende a Xunta de Galicia estableceron o seguinte criterio para a adxudicación de prazas para o curso 2023/24: o número total de solicitudes recibidas multiplicarase por 0.69 (número resultante do sorteo público), e o resultado á alza, será a cifra que se terá en conta para empezar a adxudicar as prazas. Para iso a medida que se vaian presentando as solicitudes en liña, asignarase un número correlativo que figurará no correo que recibiredes de confirmación.

HORARIOS DE ÁREA XERAL:

Coma outros anos, teremos as dúas opcións dispoñibles:

- Opción 1: (de luns a xoves)

  • Linguaxe: luns. Horas: 15.30, 16.30, 17.30, 18.30 ou 19.30 h.
  • Instrumento: martes ou mércores. Horas: 15.30, 16.30, 17.30, 18.30 ou 19.30 h.
  • Agrupación: xoves. Horas: 16.30, 17.30, 18.30, 19.30 ou 20.30 h.

- Opción 2: (só para os venres)

  • As tres materias (linguaxe, instrumento e agrupación) daranse o venres desde as 15.30 ás 19.30 horas.
  • * Unicamente haberá algúns instrumentos dispoñibles. Recomendamos consultar na sección: Información xeral > Áreas de estudos

Mellores momentos Gala XXV Aniversario

O pasado venres 19 de abril tivemos a gala con motivo da celebración do XXV Aniversario da escola.

Ao comezo da gala puidemos ver un vídeo resumen dos nosos 25 anos que podes volver ver picando aquí.

Despois do vídeo tivemos a intervención da directora, Elena Umbría, e da alcaldesa da Coruña.

Comezando coas actuacións puidemos escoitar música jazz e moderna, aos nosos alumnos máis pequenos de música e movemento, tradicional e ao noso coro lírico.

PRÓXIMOS EVENTOS

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión