Titularidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Competencias do Concello nos colexios públicos:
- Vixilancia (conserxe)
- Climatización (calefacción)
- Mantemento, conservación do edificio e limpeza
Competencias da Xunta (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria):
- Profesorado
- Infraestruturas e obras
Niveis educativos:
- Segundo ciclo de Educación Infantil (3-6 anos)
- Educación Primaria (6-12 anos)
Aulas de informática:
- Aula Municipal de Informática (Descubrir a Informática): Servidor de aula. 13 postos (NC). Lectores de CD-ROM. Impresora e escáner. Acceso gratuíto a internet e contas de correo individuais.
- Aula de Informática da Xunta
Actividades extraescolares:
- Servizo de comedor: Descrición: servizo de comida e monitor (comida de catering tipo caseiro, con posibilidade de dietas especiais por prescrición médica) con sesións de hixiene persoal e actividades lúdicas despois da comida. Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria. Horario: luns a venres de 14.00 h a 16.00 h. Inscrición: na APA do centro. Titularidade: FAPA
- Madrugadores: Descrición: programa dedicado a conciliar a vida familiar e laboral cubrindo necesidade de atención a alumnado pola mañá, antes do comezo das clases, mediante actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade, autonomía e interese por coñecer e gozar da súa contorna, con ou sen servizo de almorzo. Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria. Horario: horario do servizo: luns a venres de 07.30 h a 09.00 h. Horario de recepción de alumnado con almorzo: de 07.30 h a 08.15 h. Horario de recepción de alumnado sen almorzo: 08.00 h a 08.15 h. Inscrición: na APA do centro. Titularidade: FAPA
- Deporte no centro: Descrición: actividades físico-deportivas nas instalacións do propio centro e adaptadas ás posibilidades que ofreza a súa infraestrutura. Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. Horario: dúas horas alternas á semana entre as 16.00 h e as 18.00 h do 1 ou 15 de outubro ao 15 de xuño. Inscrición: na APA do centro. Titularidade: FAPA e Servizo Municipal de Educación