Concello da Coruña

Concello da Coruña

Espazo Diverso

Enderezo:

Centro Cívico Cidade Vella. Rúa Veeduría 2. 15001 A Coruña

Teléfono:

981189889

Fax:

981189889

Horario:

Verán (desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro): luns a venres, das 09.00 ás 14.00 e das 16.30 ás 18.30 h

Resto do ano: luns a venres, das 10.00 ás 13.30 e das 17.00 ás 20.30 h

O centro permanecerá pechado os sábados, domingos e festivos sinalados no calendario de festas laborais de ámbito local, autonómico e nacional.

Para a atención presencial na oficina débese solicitar cita previa a través do teléfono ou correo electrónico.

O Espazo Diverso é un recurso publico dirixido a todas as persoas lésbicas, gais, trans, bisexuais, intersexuais, queer e asexuais, ás súas familias e ás entidades LGTBIQA+ da cidade.

Desde o Espazo traballamos por visibilizar as diferentes identidades, expresións de xénero e orientacións sexuais, a través de diversas accións dirixidas á prevención e eliminación dos factores causantes de situacións de desigualdade e discriminación que lles afectan ás persoas LGTBIQA+.

Nunha contorna próxima e acolledora, ofrécense servizos de atención directa e especializada. Proporcionamos información actualizada sobre os teus dereitos, recursos dispoñibles, a axenda de actividades LGTBIQA+ da cidade e das actividades do Espazo Diverso.

Próximas actividades

Grupo de autoapoio

O grupo é un espazo seguro e de encontro que funciona como instrumento de orientación, como soporte emocional, e para favorecer o empoderamiento de acódelas usuarias. As reunións son quincenais, para unirche contacta por teléfono ou por e-mail .

Club de lectura

¿Gústache a lectura e compartir ideas con outras persoas?

Neste club descubrirás lecturas que falan do colectivo LGTBIQA+ e coas que reflexionar sobre a súa realidade.

Grupo de apoio para familias de persoas LGTBIQA+

O Grupo de Autoapoyo para Familias de persoas LGTBIQA+ trátase dun espazo seguro de apoio e acompañamento. Unha ferramenta esencial para fomentar o apoio dentro das familias e o respecto ás diversidades sexuais e identidades de xénero presentes nos fogares

Obradoiro "Outras narrativas"

Con Ailín Sujatovich, educadora social

Obradoiro "Poñendo os coidados no centro"

Con Lucía Álvarez López, psicóloga e sexóloga e Sabela Maceira Mato, educadora social e sexóloga

Obradoiro "Que podo facer fronte á LGTBIfobia?"

Con Miguel Vieito, avogado do Espazo Diverso

Accesibilidade

Módulo de aseo adaptado/practicable, zona de descanso/espera e rampla de acceso adaptada/practicable.

Actividades

  • Atención persoal, xurídica e psicolóxica
  • Actividades socioeducativas grupales
  • Talleres comunidade educativa
  • Formación para familiares LGTBI
  • Grupos de Autoapoyo

Equipamentos comúns

  • Fotocopiadora multifunción
  • Equipo Audiovisual (música/vídeo)
  • Reprodutor CD/DVD
  • Mesas
  • Cadeiras
  • Lousa móbil con soporte

Espazos/Locais

Denominación e usoSuperficie e aforamentoEquipamento especificoAccesibilidadeReservable

Sala de usos múltiples

Aula de usos múltiples

63.42 m2

(24 persoas)

  • Lousa fixa na parede
  • Receptor TV
  • Liña de televisión: liña de antena.
  • Rede informática: Rede municipal en liña.
ConsultarSe (*)

Salón de actos

Salón de actos de usos múltiples

63.42 m2

(50 persoas)

  • Canón proxector de imaxes
  • Pantalla de proxección de imaxes
  • Receptor TV
ConsultarSe (*)

(*) Chamar ao centro para consultar dispoñibilidade

Documentos:

FOLLETO-ESPAZO-DIVERSO-DIFUSION.pdf (918 KB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión