Concello da Coruña

Concello da Coruña

Yerma

Entre as moitas e brillantes obras que deixou o recentemente falecido Miguel Narros está "Yerma", unha obra coproducida polo Centro Dramático Nacional que ao fin chega ao Colón.

Cando:

21/09/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es

Protagonizada por Silvia Marsó e Marcial Álvarez, e con música de Enrique Morente, esta peza engade á traxedia de Lorca unha nova dimensión. A obra escrita en 1934 ten lugar nun ambiente rural de España de comezos do século XX no que as mulleres son vítimas dunha sociedade machista e cerrada. Estes prexuízos sociais toman corpo na personaxe feminina que dá nome á obra e van construíndo a narración a través dos seus padecementos e reflexións. Eloxiada pola mellor crítica, dende Unamuno a E. Diez-Canedo "Yerma" é, en palabras do propio García Lorca, 'a imaxe da fecundidade castigada á esterilidade'.

A obra mestura o desexo persoal e a imposición social da maternidade, pero Yerma non é só unha muller que busca ter descendencia, é tamén vítima da sociedade do século XX, na que as mulleres tiñan a obriga de encargarse das tarefas domésticas e a maternidade éralles imposta como un requisito indispensable.

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión