Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXXIV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

Nova edición do concurso de baile tradicional no que participarán 34 grupos de toda Galicia.

Cando:

22/06/2014, de 11:00 a 14:30

Xa rematou

Horario:

11.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

7.00 €

Venda de entradas:

  • Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)
  • Despacho do Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h (pago en efectivo ou con tarxeta)
  • Despacho do Ágora: mesmo día dende unha hora antes e pola tarde media hora antes (pagos en efectivo)
  • Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Asociación Cultural Xacarandaina

Este concurso consta dunha única modalidade dividida en tres categorías. Concederanse tres premios por categoría, que se determinarán pola media das idades dos compoñentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos.

Ademais haberá un único premio ao mellor bailador e á mellor bailadora, que se decidirán entre todas as persoas participantes das tres categorías.

No concurso poden participar grupos de asociacións folclóricas, centros parroquiais, asociacións culturais e recreativas, asociacións xuvenís, etc. Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que é obrigatorio o uso do traxe tradicional.

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, quedando descualificado o grupo que exceda o devandito tempo. O xurado no momento da cualificación terá en conta: a autenticidade e dificultade técnica do baile e a calidade na execución.

Máis información en http://www.xacarandaina.com/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión