Presentación novo disco "Axúdame a sentir"
Para público en xeral
14/04/2024
Xa rematou
20.30 h
Platea: 19,00 €
Palco: 17,00 €
Principal: 15,00 €
Desconto do 20% para carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas
Desconto do 25% para familia numerosa
**Os descontos aplícanse previa presentación do documento que acredita o desconto.
Nota: Só sepermite o acceso a animais guía.
No comezo de 2024, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre publican o seu novo disco, "Axúdame a sentir", o que será o cuarto da súa carreira en conxunto. Con este albúm, e tras case 10 anos de traxectoria e máis de 350 concertos, continúan traballando na recuperación e dignificación da música tradicional transmitida polas mulleres das aldeas do país.
"Axúdame a sentir dicíame Obdulia con frecuencia, a miña avoa materna. Foi unha de tantas catedráticas sen título nesa soada universidade da vida. Nada hai máis necesario que sentir e tampouco hai momento máis acaído para perseguir ese verbo que os tempos nos que vivimos: as humanidades esvaécense ao tempo que medra o binomio virtual-máquina. As artes, en xeral, atenderon historicamente a nosa necesidade de sentir. Ese lugar sen algoritmos é unha casa que debemos visitar tantas veces como nos sexa posible. Celebrar a non virtualidade, abrazarnos, escoitar, beber, bailar, sentir, escribir, debuxar, cantar, soñar...
A nosa casa é un torreiro e tamén a platea dun teatro ou as mesas dunha baiuca. O que acontece nun concerto é algo único e irrepetible: extinguir ao pechar ou pano, mais á súa vez, é unha chama que prende e segue quentando ou noso peito durante moito tempo. Ás veces acompáñanos toda unha vida".
Xabier Díaz
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible