Concello da Coruña

Concello da Coruña

Vieira da Silva e Arpad Szenes. Traxectorias paralelas

Exposición de pezas dos artistas Vieira da Silva e Arpad Szenes, con programa de visitas guiadas.

Cando:

Dende o 11/05/2012 ata o 31/08/2012

Xa rematou

Enderezo:

AFundación. Cantón Grande 21-24. 15003 A Coruña

Vieira da Silva e Arpad Szenes.

Inseparables na vida e na pintura, Arpad Szenes e Vieira da Silva coñecéronse en París en 1928, casaron en 1930 e viviron xuntos ata a morte de Arpad en 1985. Foron cincuenta e cinco anos dunha vida en común de excepcional riqueza, tanto no plano afectivo coma no creativo. As súas obras respectivas, aínda que moi diferentes, son indisociables, xa que, ao beber das mesmas fontes, son o resultado dunha convivencia diaria e enriquecedora. A correspondencia entre os seus cadros sitúase, talvez, máis aló do mero punto de vista formal e radica nun mesmo entendemento das artes, nunha mesma actitude esixente e nos interrogantes plásticos que cada un explorou á súa maneira. A personalidade de Vieira da Silva, máis complexa e atormentadora, atopou en Arpad Szenes protección e alento. Ela inculcoulle rigor e constancia, e el pola súa banda, contribuíu a liberala un chisco das súas angustias. Se podemos falar de complementariedade entre as súas obras, é neste sentido.

Arpad Szenes foi o mestre erudito e atento de Vieira da Silva e por ela, voluntariamente, retirouse a un segundo plano. Aínda así, este exemplo de unión, marcada pola duración e a intensidade, terá o seu desenlace no singular destino de cada un. Nesta exposición reúnense dous pintores unidos no traballo, igual que o estiveron na vida. Vieira da Silva conseguiu un protagonismo maior, sen rivalidades, porque Arpad tamén foi autor dunha obra destacada. Pese á traxectoria de Arpad Szenes ser máis discreta, non ignorou as veredas da cultura contemporánea; centrouse nunha abstracción interiorizada por inclinación e temperamento. A relación entre estas dúas obras pictóricas fundaméntase na unidade, nunha espiritualidade extrema, na que cada unha ilumina a outra.

Nesta exposición reúnese case medio cen de pezas dos dous artistas, unidos no traballo igual que o estiveron na vida.

Á disposición de todos aqueles interesados en coñecer esta mostra, Novacaixagalicia deseña un programa de visitas guiadas que inclúe un percorrido polas vangardas, os acontecementos históricos e os diferentes momentos fundamentais das artes do pasado século XX.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión