Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Veo, veo. El musical"

A Festa da Familia, con Teresa Rabal en directo. Cando a fantasía se converte nun musical alegre, con xogos e cancións dunha vida.

Cando:

08/06/2014

Xa rematou

Enderezo:

Teatro Colón

Teresa Rabal percorre no seu espectáculo os éxitos musicais que compoñen a banda sonora de todos os nenos de 40 anos. Actúan con ela o Ballet Duende e Ballet de Muñecos para lembrar cancións imprescindibles como: Veo, veo, De oca en oca, El tren, La pompa de jabón, El cochecito, Me pongo de pie, La muñeca Rebeca, El barco de papel, La pelota loca..., e poder xogar cos teus fillos ao mesmo tempo que lembrar a túa infancia.

Os bonecos xigantes (El Perro Napoleón, La Tortuga Tomasa, El Grillo Viruta, Paco Paperas...) bailan, sorprenden os nenos, e aos maiores achégannos a outros tempos.

Teresa Rabal lánzase a unha cadea de xogos musicais para alegrar coa súa enerxía a toda a familia: "Eu quero seguir repartindo luz e emociónanme os nenos, o noso público, os nosos fillos, a nosa familia, os nosos amigos, os nosos veciños, os nosos paisanos… a nosa xente… e por iso canto".

O disco Veo, veo, editado por Sony Music, é número 1 en venda en Alemaña, Austria ou Suíza. Agora a canción ‘El tren', tamén arrasa en Rusia e en todos os países que conforman a antiga Unión Soviética.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión