Concello da Coruña

Concello da Coruña

V Festival Infantil O berce de Donaire

Nesta 5ª edición do festival infantil de folclore galego acompañarán a escola da Asociación Cultural Donaire, a A.C. Faragulla de Teixeiro (Curtis) e a A.C. Vai de Roda de Rianxo.

Cando:

17/05/2014, de 17:30 a 19:30

Xa rematou

Horario:

17.30 h.

Duración:

Dúas horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

3,00 € (carné xove, + 65 anos e desempregados: 2,00 €)

Venda de entradas:

  • Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h (pago en efectivo)
  • Despacho do Ágora: o mesmo día dende 1 h antes (pago en efectivo)
  • Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Televenda:

Ataquilla.com

No décimo aniversario da Asociación Cultural Donaire organízanse varias actividades, unha delas é o festival infantil "O berce de Donaire".

Unha idea que nace pola inquietude de que os nenos e nenas tamén teñan o seu espazo para mostrar todo o que aprenden na asociación, xa que polo xeral os grupos de nenos quedan relegados a un segundo plano, e merecen ter tamén o seu protagonismo.

Nas catro edicións anteriores chegaron grupos de gran parte da xeografía galega e neste ano 2014, na quinta edición, acompañarán a numerosa escola da A.C. Donaire dúas asociacións da provincia: a A.C. Faragulla de Teixeiro (Curtis) e a A.C. Vai de Roda de Rianxo que farán unha festa do folclore neste “Día das Letras Galegas”.

Esperamos que co esforzo de moita xente aínda queden moitos anos gozando d'O berce de Donaire.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión