"Una autopista detrás del enchufe" é unha mostra interactiva coorganizada con Red Eléctrica de España cuxo obxectivo é explicar como se manifesta, produce e transporta a electricidade e como se operan os sistemas eléctricos; en definitiva, que pasa desde que a electricidade se xera ata que chega ás nosas casas.
Para público en xeral
Dende o 14/11/2019 ata o 30/04/2020
Xa rematou
12:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 21:00 h todos os días da semana
Sala de exposicións PALEXCO. Peirao de Transatlánticos s/n. 15003 A Coruña
Nesta exposición convidámosche a participar, experimentar e descubrir a electricidade e o proceso da subministración eléctrica. Tamén aprenderás a como usar a enerxía dunha forma eficiente.
Hai a posibilidad de realizar visitas guiadas para grupos. O discurso e os recursos utilizados polo monitor adaptaranse ao tipo de visita (visita en grupo, visita familiar, adultos, centros educativos...).
Máis información sobre as reservas no correo: exporee@ree.es
Información sobre a exposición www.ree.es/es/exporee
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible