Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ultranoite - Ciclo Sen Numerar

É un formato de espectáculo inventado e desenvolto na Sala Nasa de Santiago ao longo dos últimos 20 anos.

Cando:

Os días 04/10/2013, 05/10/2013

Xa rematou

Horario:

23.00 h.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

15'00 euros (prezo único).

Ultranoite é un espectáculo híbrido que se foi alimentando do xénero do cabaré e das súas múltiples variantes: o vodevil, o cabaré literario, a revista, o cabaré político, o músic - hall, o teatro de variedades, o café teatro, etc.

Se a todo isto lle engadimos unha mirada crítica e irreverente á actualidade, o particular sentido do humor que se practica en Galicia e unha posta en escena que fixo da "perrallada" un modus operandi perfecto, obtemos un novo xénero que xa non ten outra definición que o seu propio título, a Ultranoite, un pouco máis aló do cabaré e moi preto da realidade, o entretemento máis canalla e o teatro máis espontáneo.

 

Compañía: Chévere Teatro

Coa participación entre outros de: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Mónica García, Iria Pinheiro, Arantza Villar.

Músicos: Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián.

Vídeos: Quadra Produccións.


Funcións: 23.00 horas

Entradas: 15'00 euros (PREZO ÚNICO)



VENDA DE ENTRADAS

- Venda anticipada: www.redenasa.tv

- Despacho do Fórum: Unicamente días de función, dende unha hora antes (pagos en efectivo).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión