Danza contemporánea
Para público en xeral
05/12/2019
Xa rematou
20.30 h
50 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
8'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
Suddenly III parte de todos estes pequenos impulsos que nos paralizan por uns segundos. Estas ideas que cruzan a nosa mente en realidade fannos ser conscientes de que podemos estar en perigo. É unha forma que o cerebro utiliza para lembrar que debemos ter coidado. Pero, que pasará se decido levarme por ese impulso? Que pasará se salto? Que pasará se disparo? Que pasará se o bico? A obra reflicte que é o que sucede cando nos arriscamos e nos deixamos levar por eses impulsos. Ás veces estas tolemias fan que sigamos vivos e queiramos saltar ao baleiro no canto de quedar nun equilibrio absurdo que nos anula. Porque non sempre preferimos o malo coñecido que o bo por coñecer. Cunha linguaxe física e un tipo de movemento dinámico e enérxico, Suddenly III é unha obra visual, cargada de imaxes, cuxo obxectivo principal é que todas estas fotografías bailadas queden na retina das persoas espectadoras.
Coreografía e dramaturxia: Jaiotz OSA
Intérpretes: Jaiotz OSA, Xabier MUJIKA
Dirección: Jaiotz OSA + Xabier MUJIKA
Iluminación: Josu MURGIA / OUSA+MUJIKA
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 902 044 226
Web: https://www.ticketea.com/entradas-danza-suddenly-iii-osa-mujica-teatro-rosalia/
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible