De Colectivo D’elas
Para público en xeral
27/04/2024
Xa rematou
20.30 h
60 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
8,00 € (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.
Este espectáculo é unha aposta por atopar se existe algo máis aló do corpo. É un cuestonamento poético da verdade, do centro, da transcendencia. A través das experiencias de seis corpos moi diversos atopámonos coa superficialidade da identidade, cunha busca dunha esencia que nunca se pode atrapar. As dinámicas xeradas entre estas seis intérpretes, mergúllan ao espectador nun tránsito entre corpos baleiros e corpos que aluden a intuición, a trascendencia, a ilusión, e que procuran máis aló da súa propia carne.Nunha viaxe entre os cantos gregorianos e a música techno de LLXNTO e Bruno Baw as seis bailarinas móstrannos corpos virtuosos pero humanos , con capacidades extraordinarias pero coas limitacións de ser mortais, margullables e imperfectos.
Interpretación: Martín Sanjurjo, Eloi García, Noelia Mato, Andrea Castro, Iria Casal, Myriam González
Autoría: Colectivo D'elas
Dirección: Julia Laport Rivas
Coreografía: Colectivo D'elas
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h
* Programación para persoas adultas. Idade recomendada a partir de 14 anos
* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible