Esta selección de traballos dos últimos anos parten dun labor de observación e documentación de arquitecturas industriais ou en estado de latencia construtiva. Espazos que se empregan como lenzos para realizar intervencións a través de estruturas pictórico-escultóricas.
público en xeral
Para público en xeral
Dende o 22/09/2016 ata o 25/11/2016
Xa rematou
Luns a venres
11.00 a 14.00 h
17.00 a 21.00 h
Os materiais de intervención proveñen, na súa maioría, de restos de construción abandonados. Estes cascallos posúen unha memoria e unha estética (forma, cor, volume). Descontextualizados e alterados, son dotados dun novo presente.
As obras presentadas en pequeno formato (serie Colaxe Urbana) son pequenas ensamblaxes escultóricas que nos permiten entender a natureza dos elementos de base e a súa combinación, ata atopar un punto de forza-equilibrio.
As obras que se presentan en gran formato empregan estes refugallos reciclándoos para reconstruílos nun novo contexto arquitectónico, xerando un diálogo horizontal co espazo en disposición e escala.
Re_construción é unha das series resultantes deste proceso no que prima o traballo cos materiais, modificados en cor e forma para encaixar nun composición pictórica, e a súa instalación en espazos industriais, buscando a harmonización entre contido e continente.
O proceso finaliza coa fotografía da intervención, a partir dun traballo sobre a luz e o punto de vista, buscando a tensión nun desequilibrio controlado da localización dos elementos na arquitectura e a dualidade entre as tres dimensións do espazo e as dúas dimensións da fotografía.
A obra resultante, presentada en gran formato, aglutina todo este proceso e permítelle á persoa espectadora internarse na experiencia da transformación da arquitectura.
Nicolás Combarro
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible