Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tigran Hamasyan

Tigran converteuse nunha das referencias máis contundentes do jazz contemporáneo grazas a un directo que deixou impresionado a músicos como Brad Mehldau e Herbie Hancock. E Trilok Gurtu, con quen xirou a miúdo. Dise del que toca o piano como un raga, é o próximo Keith Jarrett.

Cando:

20/11/2013

Xa rematou

Horario:

21 horas.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

O pianista do que todo o mundo fala. Fillo dunha familia armenia que emigrou a Estados Unidos cando tiña 16 anos, TIGRAN HAMASYAN empezou a experimentar co piano aos dous anos, co jazz aos sete, participa por primeira vez nun festival de jazz aos trece anos, e no 2003, con dezaseis, gaña o primeiro premio e o premio do público na Montreux Jazz Solo Piano Competition.

No 2011 publicou A Fable (Verve), o seu primeiro disco a piano só, polo que recibiu o Victoires de la Musique, un dos premios máis importantes e prestixiosos en Francia, ao Mellor Álbum Internacional Producido en Francia.

No outono publicará o seu novo traballo, Shadow Theatre, para o que contou coa colaboración dos seus músicos habituais, o contrabaixista Sam Minaie e o baterista Nate Wood, ademais do saxofonista Ben Wendel e a cantante Areni. Sen dúbida, un paso adiante na imparable carreira de Tigran.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión