Concello da Coruña

Concello da Coruña

This is Brazil! 1990 -2012 (Kiosco Alfonso e Palexco)

Visitas guiadas durante o mes de xullo.

Cando:

Dende o 11/05/2012 ata o 28/07/2012

Xa rematou

Horario:

de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h.

Enderezo:

Sala de exposicións PALEXCO. Peirao de Transatlánticos s/n. 15003 A Coruña

Kiosco Alfonso e PALEXCO presentan na CoruñaThis is Brazil! 1990-2012, unha dobre exposición sobre a arte brasileira das últimas dúas décadas.

A exposición, cun total de 67 obras repartidas entre os espazos de Kiosco Alfonso e PALEXCO, é un panorama do acontecido en Brasil nas últimas décadas, con artistas que cobraron visibilidade a partir dos anos noventa ata hoxe.

A mostra, que se presenta co título "This is Brazil! 1990-2012" e ten como comisario a David Barro, acompáñase dun libro, escrito por el mesmo e polo crítico recentemente falecido Paulo Reis, onde se analiza o acontecido en Brasil dende os anos sesenta ata hoxe.

A inauguración terá lugar o venres 11 de maio ás 20.00 h no Kiosco Alfonso e ás 21.00 h na Sala Municipal de Exposicións en Palexco. No Palexco terá lugar unha actuación de ritmos brasileiros do trío capitaneado polo cantautor e multi-instrumentista Sérgio Tannus con Uxía.


VISITAS GUIADAS Á EXPOSICIÓN BRAZIL. 1990-2012.

Durante o mes de xullo no Kiosco Alfonso e Palexco, de luns a venres, en horario de 12 a 14 e de 18 a 21 h.

Os contidos serán adaptados a todos os colectivos interesados.

A lectura da exposición realizarase a través dunha visión panorámica adaptada a cada grupo.

No caso das visitas con nenos de 4 a 18 anos, realizarase unha actividade final de carácter individual ou grupal.

O obxectivo principal é motivar o público a expoñer as dúbidas que aparezan a medida que se desenvolva a lectura da exposición, proporcionando un clima de debate e participación arredor dos enigmas que presenta toda exposición de arte contemporánea para un público especializado ou non especializado.

Os tres campos de coñecemento que se interconectarán en todas as sesións, adaptados ás características da audiencia, serán a historia da arte, a crítica de arte e a creación artística contemporánea.

As visitas serán gratuítas e guiadas pola crítica de arte María Peña Lombao.

Para reservas:

Kiosco Alfonso. 981. 18.98.98 / kioscoalfonso@coruna.es

María Peña Lombao. 646.719.216 / marialombao@hotmail.com

 

Conversas con Sandra Cinto

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión