Concello da Coruña

Concello da Coruña

The Steepwater Band

Moito choveu xa dende a formación de The Steepwater Band en 1998. O que foi unha banda de versións de temas clásicos do blues converteuse nun dos nomes de referencia dentro da escena actual do blues rock.

Cando:

05/03/2014

Xa rematou

Horario:

Apertura de portas ás 22.30 horas.

Enderezo:

Sala Mardi Gras

Prezo:

15/ 12 euros.

Os de Chicago, disco a disco, concerto a concerto, foron crecendo e aumentando a paleta das súas influencias. Revelation Sunday e Grace & Melody reflectían unha banda madura, en estado de graza, que abría os brazos ao hard, aos sons do rock clásico e mesmo á psicodelia e á chispeante alegría de harmonías vocais máis melódicas, sen deixar atrás o seu contundente muro guitarreiro marca da casa. 

Tras Live At The Double Door, onde quedaba rexistrada a súa tremenda solvencia en directo, chega o seu último lanzamento de estudio, Clava, que segue a senda marcada polos anteriores e ofrece outra boa colección de cancións que oscilan entre o poderoso son de «Remember The Taker», «Out On Love» ou «Vanishing Girl», o sabor a area rock que desprenden os retrousos de «Come On Down» e «Love Never Ends», os ambiente sesenta de «Bury My Burden Deep» e a melodía que guía «Meet Me In The Aftermath» con certo deixe a Neil Young e os seus Crazy Horse.

No 2012 incorporan un novo guitarrista á banda, Eric Saylors co cal rexistran ‘Live & Humble (2013). A xira de presentación da súa última obra, tremendo directo que nos deixa perplexos ante o poder á guitarra de Jeff Massey, traeranos de volta aos de Chicago nunha das xiras máis esperadas do ano.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión