Concello da Coruña

Concello da Coruña

Texturas 2

TEXTURAS 2: é un proxecto do artista coruñés José Luis Busto Cousillas, que se basea na utilización de materiais naturais, inertes e orgánicos, como a celulosa, areas, labras de metais, as serraduras ou o ovo e as cunchas de moluscos, mención especial a estes últimos que de forma triturada son utilizados como pigmentos.

Cando:

Dende o 11/02/2014 ata o 12/03/2014

Xa rematou

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga

José L. Busto nace en Ponteceso (A Coruña) en 1939, emigra a Uruguai á idade de dez anos, en 1958-70 realiza estudos en Belas Artes - Artes Aplicadas, posteriormente vincúlase a distintos talleres. En 1979 realiza as súas primeiras exposicións a nivel profesional.

As areas, igual cás serraduras, as labras e as cunchas de moluscos, levan un proceso de selección, baseado primeiro na cor e logo na densidade, para despois ser complementado con acrílicos.

Como aglutinante o artista utiliza nos seus cadros a técnica do "temple", poliacetatos, vinilos, emulsións e silicona polímeros, dependendo da temática e a superficie que se vai tratar. Desta forma non se altera a propiedade natural dos elementos e a súa adherencia ao soporte é perfecta, do mesmo xeito que o é noutras técnicas, por exemplo "temple", acrílico ou óleo por exemplo.

En palabras do artista:

Resulta evidente que tratei de emular os nosos pais, os que deixaron os seus sinais impresos na pedra por boa parte de España e do mundo e como non podía ser doutra maneira pola miña querida Galicia.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión