Outras voces, outros ámbitos
17/10/2014 ás 20:00
Xa rematou
Como parte do ciclo “Outras voces, outros ámbitos” da Temporada Lírica producirase o debut na Coruña da soprano Carmen Romeu, galardoada co premio á Cantante Revelación dos últimos Premios Líricos españois. Despois do seu éxito na “Bohème”, baixo a batuta de Riccardo Chailly, e a súa participación este mesmo verán no Rossini Opera Festival como protagonista de “Armida”, a soprano valenciana interpretará un recital con cancións en lingua francesa de K. Weill, F. Poulenc, E. Satie e algunhas das que se converteron en grandes éxitos nas voces de artistas como Edith Piaf (“La vie en rose”, “Padam, Padam”, “Sous le ciel de Paris”, “Non, je ne regrette rien”, etc.).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible