Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller de música e manualidades para nenos

Música e manualidades para nenos co obxectivo de gozar coa interpretación musical, das danzas e da posta en escena dunha historia. Aprender técnicas básicas de debuxo, manualidades e papiroflexia.

A quen vai dirixido?:

O taller está dirixido para nenos de entre 4 e 12 anos.

Cando:

Dende o 30/07/2012 ata o 31/08/2012

Xa rematou

Horario:

Opción 1: de luns a venres do 30 de xullo ao 10 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas.
Opción 2: de luns a venres do 20 ao 31 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas.

Prezo:

O prezo do taller, matrícula incluída, será de 60 € e aboarase por anticipado.

Prazas limitadas (15 alumnos: de 4 a 6 anos | 20 alumnos: de 7 e 12 anos).

O taller realizarase cun mínimo de 15 inscritos.

Requisitos:

Débese cubrir a folla de inscrición e entregar no momento de efectuar o pago en efectivo na recepción do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, en horario de apertura ao público e antes do 27 de xullo do 2012.

Organiza:

Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa

Documentos:

Música e Manualidades para nenos - Ficha inscrición (138 KB)

Neste taller divertirémonos representando unha historia musical e fabricando todos os materiais necesarios para iso. No tempo destinado á música, aprenderemos danzas e cancións coas que representaremos, ante o público, unha bonita historia o último día.

Estas cancións estarán acompañadas de percusión corporal e a interpretación de distintos instrumentos realizados polos propios nenos durante o tempo destinado ás manualidades.

O decorado e todos os complementos necesarios para representar debidamente a historia, tamén serán fabricados durante o taller.

Todos estes obxectos fabricados realizaranse con materiais reutilizables.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión