Concello da Coruña

Concello da Coruña

Stephan Weitzel: Burbullas do nomeable

Onde a imaxe e a palabra se atopan, Stephan Weitzel está na casa. No traballo da súa nova exposición, Burbullas do nomeable, especificamente concibido para 9THE13, presenta algúns dos resultados da súa relación con España e a súa cultura.

Cando:

Dende o 20/09/2013 ata o 30/11/2013

Xa rematou

Horario:

De martes a venres de 17.00 a 20.30 horas e sábado de 11.00 a 14.00 horas.

Enderezo:

Galería de Arte 9THE13

Stephan Weitzel

Naceu en Stuttgart, Alemaña, en 1970, e desenvolve actualmente o seu traballo en Berlín. Instálase en París aos 19 anos, onde se matricula en Estudos franco-xermánicos na Universidade Sorbonne-Nouvelle. Alí traballa como tradutor e profesor de idiomas. Trasládase ao Reino Unido para estudar Belas Artes na Central School of Speech & Drama de Londres e na Norwich School of Art & Design. Posteriormente establece o seu estudio en París, onde continúa recibindo clases de debuxo. Durante os anos seguintes traballa como produtor radiofónico, locutor e extra de cinema. Ensina alemán na Escola do Louvre e no Instituto Louis-lle-Grand. Asina un contrato como director artístico e asistente de dirección de Joel Cano para a película cubana "Siete días, siete noches".

Recibe varios premios e viaxa por traballo a Cuba, Irlanda (Cork, Sculpture Factory), Austria (Graz, European Forum for Emerging Creation), Alemaña (Weimar, ACC European StudioProgramme) e India (New-Delhi/Kolkata, Artists-in-Residence, Embaixada de Francia). Realiza exposicións individuais e colectivas nestes países, así como intervencións no espazo público e escribe textos teóricos e de ficción. Instálase en Marsella, para, despois, trasladarse a Berlín. Traballará en Nova York e Quebec durante os anos 2008 e 2009 (Centre d'artistes Vaste et Vague, Carleton). Foi o primeiro bolseiro internacional do MAC Gas Natural Fenosa no 2012. Considera o seu traballo como arte conceptual sensual: “A arte é o que fai a vida máis interesante cá arte”.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión