Concello da Coruña

Concello da Coruña

Stacie Collins

Stacie Collins, quere despedir o tórrido verán coa súa música, e volve pasarse pola nosa sala. Proba diso nesta ocasión a norteamericana que, inmersa nunha xira que lle leva por multitude de salas de toda Europa fai unha parada de nove datas polo noso país.

Cando:

01/10/2013

Xa rematou

Horario:

Apertura de portas: 22.30 horas

Enderezo:

Sala Mardi Gras

Prezo:

10 e 12 euros

Stacie Collins, intérprete  de country que combina o seu peculiar estilo co Roadhouse Rock´n´Roll, Chicago Blues e Honky -Tonk-Twang comezará a súa andaina polas nosas terras a partir do 29 de Setembro en Donosti para finalizar o 8 de Outubro en Barcelona. Os que estivestes no seu concerto do ano pasado non a esquecestes.

Stacie Collins, apadriñada polo Sr. Dan Baird  nos seus traballos colaboraron xente da talla de Warner  E. Hodges, Jimmy Lester… en fin que a moza sabe con quen relacionarse e non é para menos porque a calidade dos seus directos confirman unha vez máis que as mulleres teñen unha gran manifestación de principios dentro do mundo do rock. Os seus directos non son outra cousa que puro Rock´n´roll.

Stacie Collins, presentará “Shinin' Live!” , o seu novo DVD e cd gravado en directo cuxa data de lanzamento é para o próximo 15 de maio.

Stacie Collins anuncia que a banda que lle acompañará durante a primeira parte da súa xira, que consiste en tres ilustres: o guitarrista Conny Bloom (The Electric Boys, Hanoi Rocks), Pontus Snibb (Jason and The Scorchers, Bonafide, Pontus Snibb 3) á batería e Ao Collins (Jason and The Scorchers) ao baixo.

O dominio da harmónica a base de moitas horas de traballo e concertos leváronlle a situarse nunha figura do blues imprescindible en calquera festival.

 

 

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión