Concello da Coruña

Concello da Coruña

Shakespeare para ignorantes

Do autor e director Quico Cadaval esta obra foi no 2013 un dos espectáculos protagonistas da 36ª edición do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro, onde obtivo un grande éxito de crítica e público.

Cando:

23/04/2014

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Despois de que, durante a programación especial da Semana do Libro do ano pasado tivesen que suspender a función a causa do accidente que o actor Evaristo Calvo sufriu durante a representación de Oeste Solitario, volven Mofa e Befa con Shakespeare para Ignorantes (programación especial Día Internacional do Libro).

IGNORANCIA.- Falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral.
SHAKESPEARE.- Creador e produtor teatral de gran suceso no século XVII.

O aspecto inicial do espectáculo é o do produto didáctico en estado puro, recalcando a condición de colectivo do público, carente duns coñecementos concretos. Dende esta transparencia expositiva, o primeiro que se desenvolverá en escena será a conferencia dun prestixioso profesor. Presumidamente, a conferencia pretende ser unha amena palestra para un público con coñecementos menos que básicos da inmortal obra do conspicuo bardo. O profesor reclamará, para facer máis deleitosa a instrución que pretende inocular nas molleras dos circunstantes, o concurso de dous actores talentosísimos, pero temporalmente desempregados. Estes son MOFA&BEFA.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión