Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sexpearemente - Ciclo Sen Numerar

seXpeare, unha compañía teatral con máis de dezaoito anos de traxectoria, vese obrigada a actuar nun pequeno escenario de apenas un metro cadrado, tamaño que evidencia os actuais recortes económicos e artísticos aos que foi reducida a cultura.

Cando:

31/10/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano

Prezo:

9 euros (Carné xove, +65 anos e desempregados: 7 euros).

Televenda:

Ataquilla.com

Os seus dous membros, os actores Santi e Rulo, transfórmanse nos personaxes "Santi e Rulo" e representan todo o seu periplo teatral ata chegar a esta situación. E así, lévannos dende os seus comezos cabareteiros pasando pola súa etapa nos grandes teatros ata chegar ao "cataclismo actual" nunha viaxe que mestura ficción e realidade, verdades e mentiras, e na que personaxes, autores e actores dialogan sobre teatro e pregúntanse: É a caveira de Lorca a que sostén o mozo Hamlet? Todo isto e moito máis... con moito humor evidentemente, ou mellor dito: "Sexpearemente".

 

Guión e dirección, deseño escenografía: seXpeare

Intérpretes: Santiago Molero, Rulo Pardo.

 

 

ENTRADAS: 9 euros (Carné xove, +65 anos e desempregados: 7 euros )

VENDA DE ENTRADAS

- Despacho da Praza de Ourense, de luns a venres excepto festivos, de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).

- Despacho do Fórum: mesmo día do espectáculo dende unha hora antes (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión