Concello da Coruña

Concello da Coruña

SEKONE: Nin si nin non, nin branco nin negro

Sekone presenta na Casa de Cultura Salvador de Madariaga unha mostra das súas últimas producións.

Cando:

Dende o 18/09/2014 ata o 02/11/2014

Xa rematou

Horario:

De 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas todos os días.

Enderezo:

Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Xunto a dúas intervencións de pintura mural, unha en cada piso e ocupando os paramentos maiores, tráenos obras sobre papel e tea: explosións, xeometrías e reflexións visuais sobre o graffiti.

Nin si nin non, nin branco nin negro queda explicado en palabras do seu autor: "Nin che dou a razón nin cha quito. Non todo é branco ou negro, polo medio hai unha infinidade de matices diferentes. Eu vivo entre eses matices, do mesmo xeito ca ti. Ao principio si que foi todo negro, pero non conta, porque nós non chegaramos aínda, nós aparecemos no xogo e PUM! xa todo eran matices. O final din que é branco, pero tampouco conta, porque xa non estaremos aquí. Así que volvamos aos matices, hai xente que se move entre eses matices cun sorriso na cara, dálles igual por onde veñan, se son máis fríos ou máis cálidos, se son claros ou escuros. Con todo outros viven constantemente atenazados pola presión á que os somete a súa aversión ao feito de estar completamente rodeados de tantos matices diferentes. A estes gustaríalles que todo fose branco ou negro, pero téñense que amolar.

As marxes que separan os extremos son tan anchos como un queira que sexan, infinitos matices para perderse divagando, aparentemente sen dicir nada, ou si? Eu diría que nin si nin non, nin branco nin negro."

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión