Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sandra Cinto. En silencio

En silencio é unha instalación site-specific obra da artista brasileira Sandra Cinto.

Cando:

Dende o 16/10/2014 ata o 12/12/2014

Xa rematou

Horario:

Martes a sábado de 11.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 20.00 h.
Domingos de 11.00 h a 14.00 h.
Luns pechado.

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

A artista recrea un gabinete de traballo, un lugar do que o creador está ausente pero no que se evoca a dureza e vacuidade do acto creativo mediante a presenza dunha mesa fronte á que a artista sitúa un violonchelo sobre unha pila de libros, dominados ambos os elementos por unha montaña de papel, restos de partituras inacabadas que nos remiten ao sufrimento do esforzo repetitivo do artista ao que se invoca como unha especie de Sísifo involuntario que non consegue superar o seu sacrificio auto imposto. Do mesmo xeito que no resto das obras de Cinto, o debuxo actúa como fío condutor da proposta, enlazando as liñas delicadas que percorren a madeira que dá forma ao contrabaixo cos pentagramas debuxados sobre as partituras que se van acumulando sobre o chan da sala, e con outros de enormes proporcións que cobren as paredes. A neutralidade cromática da proposta, así como o carácter estático que impregna a representación da noción de creación, espertan nas espectador sensacións de estrañeza e provocan ao mesmo tempo neste unha perda de referencias espazo-temporais, o que acentúa o carácter onírico e irreal do conxunto.

En silencio é un proxecto realizado grazas á colaboración da Fundación Luis Seoane da Coruña e a Sala Matadero de Madrid.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión