Concello da Coruña

Concello da Coruña

S8: 5ª Mostra de Cinema Periférico

No marco do Ano Dual España - Xapón haberá un programa especial sobre o cinema xaponés dende as súas orixes ata a actualidade

Cando:

Dende o 04/06/2014 ata o 08/06/2014

Xa rematou

O certame contará con diferentes espazos no centro da cidade para albergar proxeccións, instalacións, exposicións e performances, talleres infantís e encontros cos cineastas invitados. A sede principal volve ser, coma no 2013, o edificio do Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia, mentres que no Teatro Rosalía de Castro a Mostra dará o pistoletazo de saída na tarde do mércores 4 de xuño. O patio da Fundación Luis Seoane será o lugar de encontro para as noites de performance de cinema expandido, un dos sinais de identidade do (S8). O CGAI, colaborador do festival dende os seus inicios, albergará diversos programas deste Especial Xapón. Por outra banda, o Kiosco Alfonso convértese en punto de encontro co público infantil e sede do Mini (S8), unha das seccións máis participativas dentro da programación do festival.

 

ANO DUAL ESPAÑA – XAPÓN 2014

Para a súa quinta edición, o (S8) conta coa participación de Xapón como país invitado, unha das cinematografías máis suxestivas e importantes da historia do cinema. Esta Edición Especial formará parte das actividades que se están desenvolvendo no noso país durante o 2014, dentro do Ano Dual España-Xapón. Isto converterá, durante as datas do festival á cidade da Coruña, en foco principal deste evento internacional que conmemora os 400 anos de relacións entre ambos os países.

Nesta Edición Especial Xapón o (S8) abordará o pasado, presente e futuro da cultura cinematográfica xaponesa, desenvolvendo un amplo programa que vai dende as súas orixes aos nosos días, facendo especial fincapé nas vangardas, as novas expresións e os novos cineastas xaponeses que estarán presentes durante a Mostra.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión