Concello da Coruña

Concello da Coruña

Romano

Grande estrea de Romano o 17 de xaneiro, obra de Lino Braxe que nos trae Espello Cóncavo.

Cando:

Os días 17/01/2014 ás 20:30 , 18/01/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

Televenda:

Ataquilla.com

Soa unha música que lembra dende a distancia o mundo romano e escóitase a aria de Orfeo e Euridice. Sobriedade, sinxeleza e un certo ton espido presiden a ambientación musical da peza. Así se escoita a Patricia que anuncia no comezo toda unha declaración poética do que vai suceder.

Un senador romano, despois de vivir a Roma de Augusto, as atrocidades de Tiberio e os delirios de Calígula, decide regresar á súa cidade natal, Tarento, lonxe da barbarie saguinaria dos Césares do Imperio e das intrigas políticas que tivo que contemplar durante anos no Senado. Dende Tarento, a capital de Apulia, evocará todo o que foi a súa vida na cidade do Tiber. Neste paseo polo amor, a morte, a política, as guerras e o rexurdimento do cristianismo, estará acompañado por outras figuras, maioritariamente por Roxana, unha escrava, fiel e intelixente que intentará en todo momento protexer e agradar ao seu señor. O senador estará permanentemente acompañado doutros personaxes, doutras figuras, doutras presenzas que son importantísimas na vida do protagonista e que achegan unha enorme frescura e amenidade ao texto.

Non se pode negar o marcado tan poético de Romano, máis non debería verse só como un drama poético, pois en Romano hai tradicións, amores, envelenamentos, defuncións, intrigas políticas e ata o olor das guerras. Un retrato dun home e dunha época convulsa que a todos e a todas nos afecta, porque coñecendo o noso pasado, máis coñecerás a condición humana no noso presente.

Todos somos romanos. Todos vimos deles. Non hai máis que mirar o faro da Torre de Hércules, as murallas de Lugo ou as termas de Ourense. O romano rodéanos constantemente nas nosas vidas, cos seus monumentos, pontes, restos, moedas, coa súa maneira de entender o mundo.

Romano, un texto dun autor contemporáneo que rezuma por todas partes olor a universo clásico. A poesía e o teatro greco-latino están presentes na obra, e isto é relevante para o goce dos asistentes á función.

Se por unha banda Roma nos queda lonxe, por outra está moi preto. O público ve reflectido nos personaxes clásicos os defectos e virtudes do ser humano. O peor e o mellor. 

Con Miguel Pernas, Manuela Varela e Xosé Vilarelle.

Texto e dirección: Lino Braxe.

Venda de entradas:

Despacho central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión