Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rober Bodegas: "Antología sin filtro"

Ola. Son Rober. Sempre se escriben as reseñas en terceira persoa, pero o certo é que salvo tres ou catro forrados, case todas as escribe o propio autor, normalmente o día antes de enviala a prensa. Non vos deixedes impresionar por reseñas pomposas. Só son mostras do enorme ego que trata de disimular o artista amparándose nun suposto reseñador

Cando:

18/10/2014

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina s/n. 15003 A Coruña

Prezo:

Anticipada (ANTES 11/10/2014): 10 € / 8 € (VR). 12 € / 10 € (VR)

Cóntovos un pouco de que vai "ANTOLOGÍA SIN FILTRO", aínda que creo que é bastante fácil de adiviñar. O título divídese en dúas partes, ambas moi definitorias do concepto do show para que non vos teñades que romper a cabeza. O de ANTOLOXÍA é porque é unha recompilación dos mellores monólogos dos meus tres últimos espectáculos, principalmente do último, “El umbral de la estupidez”, por dúas razóns, unha: porque é o que fixen cando xa non estaba na tele e viñestes moitos menos a verme. E dous: Porque os monólogos máis vellos ("El día en el que empecé a odiar los yogures, y un condón por si pillo!) interpreteinos tantas veces que xa non me fan graza A MIN. E se eu non lle poño ganas, a cousa non funciona. O de SEN FILTRO é porque non hai filtro, non me parei a pensar se o que digo pode ofender a alguén ou non. Hai que entender que somos todos maiorciños e estamos nun contexto cómico, que a xente se escandaliza por nada e iso non pode ser. A min gústame tocarvos un pouco as pelotas para que abrades a cabecila. Síntoo.

A idea xorde de que levo doce anos actuando e notei que aos meus chistes empézanlles a saír pelos nos ovos. De aí tamén o merecido de facer unha ANTOLOXÍA, (cos mesmos anos de carreira Bisbal leva tres) e o necesario de que sexa SEN FILTRO.

Máis ou menos iso é todo. Ah. Tamén hai uns vinte minutos novos baseados en vivencias sexuais reais e en fracasos sentimentais, porque non teño tanto morro de repetir todo. Ao vello tamén lle dei unha volta. É un pouco máis salvaxe agora. Isto é debido ao clima de crispación que se respira na sociedade. A min non me culpedes. Pero non veñades con nenes, un pouco de cabeza. Que parecedes novos. En canto á temática: Odio a veganos, liposucción, asasinar os directores da teletenda, drogas legais para nenos, extinguir os linces, falar de sexo cos teus sogros, atentar en avións, anticonceptivos e en xeral calquera cousa da que non me deixan escribir humor na tele. Que se note o cambio de medio.

Dinse palabrotas. Pero non hai ningunha que non coñezades de antes. Ale, mercade a entrada que logo védesme por aí bébedos e dádesme a chapa. Merézoo. Por favor.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión