Concello da Coruña

Concello da Coruña

Recordos - Ramón Conde

Exposición "Recordos", do escultor Ramón Conde, no novo espazo de Víctor Rial na Coruña

Cando:

Dende o 30/05/2014 ata o 30/06/2014

Xa rematou

Enderezo:

Graal antigüidades

Víctor González Rial Antigüedades creouse en 1988, creando un espazo no que as antigüidades se integran cos criterios estéticos máis actuais, realizando exposicións temporais con regularidade, como a exposición de Seoane con importantes pezas do artista. A exposición de pintura galega do XIX e o XX, a exposición homenaxe a Arturo Brea Pasín, ou a máis recente exposición de Fernando Barreira.

Nesta ocasión, o 30 de maio inaugurarase no novo espazo de Víctor Rial a exposición: "Recordos" na que o escultor Ramón Conde presenta unha importante selección de bronces. Este escultor, referente da escultura galega expuxo recentemente dúas importantes exposicións individuais no Centro Cultural da Deputación de Ourense e na Cidade da Cultura e son numerosos os seus monumentos públicos como Os redeiros de Vigo ou o Vixía na entrada da Torre de Hércules.

Víctor Rial abre así unha porta á arte contemporánea que interrelaciona coas pezas de época, creando un diálogo espacial e artístico, tendo nesta ocasión como protagonistas as obras rotundas, de Ramón Conde nas que poderemos apreciar como o artista utiliza a manifestación artística con certa influencia psicoanalística conseguindo unha simbiose entre a habilidade manual e o subsconciente.

Esta exposición conta coa colaboración de Cristina Carballedo, coordinadora de exposicións.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión